Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2001 Páx. 3.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CORRECIÓN de erros.-Resolución do 14 de febreiro de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e mediante concurso, dun contrato de servicios consistente na distribución da revista Consumidores do Instituto Galego de Consumo.

Advertido erro na citada resolución publicada no DOG nº 40, do 26 de febreiro de 2001, é necesario face-la seguinte corrección:

Na páxina 2.465, onde di: «Orzamento base de licitación: seis millóns de pesetas (6.000.000 de ptas.) (36.060,726 euros). Garantías: 2% do orzamento do contrato (120.000 ptas.)», debe dicir: «Orzamento base de licitación: tres millóns de pesetas (3.000.000 de ptas.) (18.030,363 euros). Garantías: 2% do orzamento do contrato (60.000 ptas.)».