Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2001 Páx. 3.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2001 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación da subministración e instalación de equipos de oficina para o Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación da subministración e instalación de equipos de oficina para o Igape.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 16 93, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: CP nº 03/2001.

2. Obxecto do contrato: subministración e instalación de equipos de oficina para o Igape, coa desagregación en lotes establecidos no número 4.

Prazos de execución e vixencia: os prazos de execución serán os establecidos na oferta técnica do/s adxudicatario/s, cun máximo dun mes desde o pedido do Igape. A contratación executarase en todo caso con anterioridade ó 31 de decembro de 2001. A vixencia da contratación estenderase ata a completa execución do contrato e expiración do prazo de garantía ofertado polo contratista.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 7.594.800 pesetas, (sete millóns cincocentas noventa e catro mil oitocentas pesetas), IVE incluído, coa seguinte desagregación:

Lote 1: 3 copiadora dixital B/N para Vigo, A Coruña e Pontevedra. Orzamento máximo: 3.540.000 pese

tas, IVE incluído, dos que ata un máximo de 3.000.000, IVE incluído, corresponden á subministración e instalación das copiadoras, e ata un máximo de 540.000 pesetas, IVE incluído, corresponden ó custo anual copias (300.000 copias anuais estimadas), orzándose o custo unitario por copia nun máximo de 1,80 pesetas, IVE incluído.

Parte do prezo satisfarase coa entrega ó contratista de copiadora modelo Kónica 2028 (CI 50070000600) situada en Vigo, e que se orzata nun mínimo de 198.000 pesetas.

Lote 2: 4 básculas dixitais para pesaxe de paquetería, para Vigo, A Coruña, Pontevedra e Santiago de Compostela. Orzamento máximo: 324.800 pesetas, IVE incluído.

Lote 3: 4 soportes verticais de bobina de papel de embalar, con bobina 30 m, para Vigo, A Coruña, Ferrol e Pontevedra. Orzamento máximo: 240.000 pesetas, IVE incluído.

Lote 4: 2 fax papel normal, para Pontevedra e A Coruña. Orzamento máximo: 360.000 pesetas, IVE incluído.

Lote 5: 2 encadernadora eléctrica multifunción para Pontevedra e A Coruña. Orzamento máximo: 240.000 pesetas, IVE incluído.

Lote 6: 4 destructoras, para Vigo, A Coruña, Pontevedra e Vigo. Orzamento máximo: 700.000 pesetas, IVE incluído.

Lote 7: 4 básculas dixitais para pesaxe de correspondencia, para Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra e A Coruña. Orzamento máximo: 60.000 pesetas, IVE incluído.

Lote 8: 1 grampadora eléctrica para Pontevedra. Orzamento máximo: 65.000 pesetas, IVE incluído.

Lote 9: 10 percheiros base non metálica para Pontevedra, A Coruña e Santiago de Compostela (8). 20 cinceiros plásticos sobremesa con tapa e 15 paragüeiros plásticos. Orzamento máximo: 225.000 pesetas, IVE incluído.

Lote 10: 2 expositores de folletería para Pontevedra e A Coruña. Orzamento máximo: 80.000 pesetas, IVE incluído.

Lote 11: 2 taboleiros de anuncios para Pontevedra e A Coruña. Orzamento máximo: 160.000 pesetas, IVE incluído.

Lote 12: 18 armarios metálicos grises unha persiana corredeira, 16 con altura 1,98, fondo 45, (8 con exterior gris grafito e 8 en gris perla), para Santiago de Compostela (12) e A Coruña (4), e 2 con altura 1 e fondo 45 (A Coruña). Orzamento máximo: 1.500.000 pesetas, IVE incluído.

Lote 13: 10 baldas para carpeta colgante A4, de 1,20 m para armarios persiana. Orzamento máximo: 40.000 pesetas, IVE incluído.

Lote 14: 3 carriños portadocumentos pequenos, para Santiago de Compostela. Orzamento máximo: 60.000 pesetas, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación dos lotes ós que se concorra.

6. Clasificación: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: barrio de San Lázaro s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo día natural seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.

9. Variantes: admítense variantes sobre a configuración técnica dos equipos e prezos ofertados.

10. Apertura das ofertas: en acto público ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 10 horas do noveno día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas. Na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

11. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica