Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2001 Páx. 3.518

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 22 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 736/2000-I devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

notifícase ó denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que se sinalará a seguir, a proposta de resolución do expediente sancionador por presunta infracción da Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 14 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2000, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar, e achegar, por escrito, as alegacións e os documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos, segundo o establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, presentándoos en calquera entidade bancaria.

Ourense, 22 febreiro de 2001.

Miriam Areal López

Instructora

Visto e Prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: 736/2000-I.

Denunciada: Josefa Caiña Pérez.

DNI: 34.595.013.

Último domicilio coñecido: estrada de Astureses, 52, O Carballiño-Ourense.

Feitos denunciados: queima de papeis e cartóns sen autorización.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 b) do Regulamento do 23 de decembro de 1972, en relación coa Resolución do 14 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

Sanción: 10.000 pesetas.