Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2001 Páx. 3.518

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 6 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador OU 21/00C en materia de caza.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 133, do 11 de xullo).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia 2091-0388-90-3110001181, da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da firmeza desta resolución. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita na rúa Paseo, nº 18, 5º andar, en Ourense. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade con previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 6 de febreiro de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 21/00C.

Denunciado: Amadeo Losada García.

DNI: 34247550Q.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa Enriqueta, s/n. A Rúa.

Feitos proados: utilizar un xabaril para o adestramento de cans de caza.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 57.13º da Lei de caza de Galicia.

Cualificación: leve.

Sanción: 20.000 pesetas.