Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2001 Páx. 3.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 5 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da incoación dos expedientes sancionadores OU 271/00P e dous máis por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo,

de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

Noméase instructora dos expedientes a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18, 5º, e

achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa, e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenden valerse.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 5 de febreiro de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expte. nº/

ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto

infrinxido e

sancionador

Sanción

271/2000Construcciones Hermanos Díaz, S.A.

A32013484

R/ José Antonio, nº 9, OurenseExplanación do terreo, arrancando toda a arboreda, composta de bidueiros adultos, e enterrando o leito do ríoArtigo 33.10º e 34.22º100.000 pesetas

285/2000Evelio Ballesteros Lorenzo

3781829

Avda. de Compostela, nº 9, baixo, O Carballiño (Ourense)Pescar en luns, día inhábil para a pescaArtigo 34.8º50.001 pesetas e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca

313/2000Manuel Domínguez TrilloR/ José Antonio, nº 33, O Carballiño (Ourense)Pescar con tres canasArtigo 33.4º5.000 pesetas