Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2001 Páx. 3.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 29 de xaneiro de 2001 pola que se autoriza a transmisión intervivos da concesión administrativa dunha estación depuradora a favor de Ángel López Soto, S.L.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión dunha estación depuradora de moluscos e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito do 4-2-1992, solicítase autorización para transmisión da concesión dunha estación depuradora de moluscos.

Segundo.-Os informes, tanto do biólogo como do xefe da Sección de Acuicultura da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Coruña sobre o estado de explotación do establecemento foron emitidos en sentido favorable.

Terceiro.-Así mesmo, o informe do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente, tamén é favorable.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común e na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e, así mesmo, o Ministerio de Medio Ambiente, Dirección Xeral de Costas en 24-4-2000, autorizou a transferencia da concesión administrativa para a ocupación de terreos de dominio público marítimo-terrestre.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, dicto a seguinte resolución:

Autoriza-la transmisión intervivos, a favor de Ángel López Soto, S.L. (CIF B-36.746.659), da concesión administrativa do establecemento que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: estación depuradora.

Situación: lugar de Couso, Concello de Ribeira

Especies autorizadas: moluscos.

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 31-5-1972 (BOE nº 155, do 29-6-1972).

Remate da vixencia: 29-6-2002.

Actual titular: Ángel López Soto (DNI 33.141.578-G).

Adquirinte: Ángel López Soto, S.L. (CIF B-36.746.659).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais.

Segundo.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen presenta-la documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2001.

(P.D. 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña