Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2001 Páx. 3.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a publicación do acordo de apertura e prego de cargos formulada no expediente sancionador P-1/01, incoado ó abeiro da Lei 14/1985.

Nesta delegación provincial séguese expediente sancionador número P-1/01, contra Suzi Mara do

Rocío Chudabo, e a empresa operadora Recreativos Choco, S.L. por presunta inracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro, no que se resolveu, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publica-lo acordo de apertura e prego de cargos por resultar descoñecido o domicilio de Suzi Mara do Rocío Chudabo.

Acordo de apertura.

O director xeral de Interior e Protección Civil, por delegación do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, con data 10 de xaneiro de 2001, adoptou o seguinte acordo:

Vista a acta número 02/151200, de data 15 de decembro de 2000, levantada pola inspección de xogo no establecemento público denominado Bar Embrujo sito en r/ Lugar de Puzo, número 18 do concello de Ponteareas, remitida con proposta de apertura de expediente sancionador pola Delegación Provincial desta consellería en Pontevedra (escrito de data 21-12-2000).

Considerando que os feitos denunciados puideran ser constitutivos dalgunha das infraccións tipificadas nos artigos 28 e seguintes da Lei 14/1985, do 23 de outubro (reguladora dos xogos e apostas en Galicia), modificada pola Lei 7/1991, do 19 de xuño (de tributación sobre o xogo, disposición adicional terceira).

ACORDA:

1. Incoar expediente sancionador, conforme o establecido na Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar, contra:

-A empresa operadora recreativos Choco, S.L.

-O titular ou responsable do establecemento Suzi Mara do Rocío Chudabo, TR720748A.

2. Nomear instructor e secretaria do expediente respectivamente a:

-Juan Girón Astray e,

-Clara Eugenia García Bermúdez.

Prego de cargos.

Primeiro.-Te-la empresa operadora Recreativos Choco, S.L. e Suzi Mara do Rocío Chudabo, instalada o día 15 de decembro de 2000 no establecemento público denominado Bar Embrujo sito na r/ Lugar de Puzo, número 18, do concello de Ponteareas, unha máquina recreativa tipo A, modelo 2141, serie ST4 e autorización de explotación GA-P-31514, e outra de tipo B, modelo 2043, serie 97.1351 e autorización de explotación GA-C-209. A documentación de que dispoñen ambas máquinas corresponde ó Bar Plataforma (anterior denominación) e para o titular Adelino Paulino Gómez Iglesias (anterior titular), carecendo de habilitación de titular de local e de boletíns de instalación a nome da nova propietaria.

Segundo.-Tales feitos poden ser constitutivos dunha infracción moi grave ou grave tipificada no artigo 28 e seguintes da Lei 14/1985, do 23 de outubro (reguladora dos xogos e apostas en Galicia), modificada pola Lei 7/1991 do 19 de xuño (de tributación sobre o xogo, disposición adicional terceira).

O que se notifica de acordo co disposto no artigo 7 da Lei 34/1987, do 26 de decembro, da potestade sancionadora da Administración pública, en materia de xogos de sorte, envite ou azar, dispoñendo o interesado dun prazo de oito días para presentar prego de descargos, no que poderá solicitar o recibimento a proba do expediente na forma prevista no número 2 b) do citado precepto legal.

Pontevedra, 6 de febrero de 2001.

P.A.

Juan Girón Astray

Instructor