Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2001 Páx. 3.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/228-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Compañía Energética para el Tablero, S.A.

Domicilio social: avda. de Europa, parque empresarial La Moraleja, 28000 Alcobendas.

Denominación: liñas subtr. a 66 kV interc. Losan-Aserpal-sub. Cesuras.

Situación: Curtis, Vilasantar, Mesía e Cesuras.

Descricións técnicas: finalidade: transporte da enerxía xerada nas plantas de coxeración, situadas nas fábricas de Losan (Curtis) e Aserpal (Vilasantar) ata a subestación de Cesuras propiedade de Unión eléctrica Fenosa, S.A. Texto: liña subterránea a 66 kV desde a subestación situada en Industrias Losan, S.A. ata a subestación situada en Aserpal, S.A., cunha lonxitude de 3.468 m e un segundo tramo desde esta última subestación ata a subestación de Cesuras, cunha lonxitude de 3.598 m, discorrendo polos concellos de Curtis, Vilasantar, Mesía e Cesuras.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran

nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 19 de febreiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña