Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,
sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32023 Ourense.
Denominación: L.M.T.S. centro seccionamento Labauto-c. reparto parque tecnolóxico.
Situación: San Cibrao das Viñas.
Descricións técnicas: liña a 20 kV subterránea en conductor R.H.Z. 12/20 kV de 635 m coa orixe no centro de seccionamento Labauto e remata no centro de repartición do parque tecnolóxico.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 13 de febreiro de 2001.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense