Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: recuamento L.M.T. no Bolo.
Situación: O Bolo.
Descricións técnicas: recuamento e pase a conducción subterránea, nunha lonxitude de 235 m, da liña a 20 kV O Bao-O Bolo, en conductor R.H.Z. 12/20 kV 3x95 Al, ó seu paso pola proximidade da residencia da 3ª idade.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
Ourense, 13 de febreiro de 2001.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense