Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2001 Páx. 3.510

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos de urxente ocupación, a L.M.T., C.T. e R.B.T de Fondorallo no concello da Pobra do Brollón. (Expediente 24/1998 A.T.).

Visto o expediente incoada nesta delegación provincial por petición de Unión Fenosa, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na avda. de Arteixo 171, A Coruña, que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997, en relación coa disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Visto que durante o período no que se someteu o expediente ó trámite de información pública se presentaron as seguintes alegacións:

1ª Bautista López Fernández, quen solicita información sobre o alcance da afección da súa leira polo trazado da liña eléctrica e as limitacións á propiedade que tal afección impón. Así mesmo, manifesta a súa preocupación polos posibles efectos nocivos producidos polos campos electromagnéticos xerados polas liñas eléctricas e que, pois que no proxecto se pretende unha mellora ou ampliación das instalacións eléctricas xa existentes, non procede a súa tramitación polo procedemento de urxencia.

Considerando que tales alegacións, vista a contestación a elas por parte da empresa promotora e o resto da documentación que conste no expediente, non impiden continuar coa tramitación do expediente polas seguintes razóns:

1. A afección causada polo trazado da liña eléctrica que nos ocupa sobre a leira do alegante vén correctamente delimitada nos planos de planta e perfil que constan no expediente e que cumpren os requisitos establecidos no artigo 15 do Decreto 2619/1966, anteriormente citado, canto á descrición do ben afectado.

A definición, alcance e limitacións que supón a servidume de paso de enerxía eléctrica sobre os terreos afectados vén delimitada nos artigos 19 e seguintes do referido decreto.

2. Por parte de la empresa Unión Fenosa, S.A. mediante escrito do 20 de xaneiro de 2001, comunicou ó interesado o alcance da afección e a maior abastanza, segundo manifesta esta entidade mercantil en escrito de data 7 de febreiro de 2001, o alegante foi informado sobre o terreo por representantes da empresa acerca da incidencia do trazado da liña proxectada sobre a súa parcela.

3. Así mesmo, no levantamento da acta previa á ocupación da devandita leira, procederase sobre o terreo a definir de forma exacta a afección dela, acto para o que será citado o alegante a fin de que poidan efectua-las alegacións que coide oportunas.

4. Polo que respecta ó posible risco para a saúde producida polos campos electromagnéticos, cómpre indicar que non existen evidencias de riscos para a saúde como consecuencia da exposición a campos electromagnéticos de frecuencia industrial segundo informes feitos públicos polo Instituto Nacional de Saúde Ambiental e pola Academia Nacional de Ciencias de Estados Unidos. Ademais, segundo manifesta a empresa Unión Fenosa, a liña que nos ocupa en ningún caso sobrepasa os valores recomendados polo Consello da Unión Europea, referidos á exposición ó público a campos electromagnéticos, recomendación publicada no Diario Oficial das Comunidades Europeas no 30 de xullo de 1999.

5. A urxente ocupación dos terreos afectados polas instalacións de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica vén recoñecida explicitamente polos artigos 52 en relación co 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, é consecuencia da declaración de utilidade pública das devanditas intalacións.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvese que na liña, ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións sobre os predios en expropiación, ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997 antes citada.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma Galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuída polos Decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas siguintes características principales:

1. Liña de media tensión aérea ó C.T. de Fondorallo, cunha tensión nominal e de servicio de 20 kV, con orixe na L.M.T. ó C.T. Covadelas e remate

no C.T. de Fondorallo, cunha lonxitude de 0,14 km, conductor tipo/sección LA 56/54,6 mm e 3 apoios de formigón.

2. Centro de transformación intemperie de Fondorallo, situado en Fondorallo cunha potencia de 50 kVA.

3. Liña de baixa tensión de Fondorallo, con orixe no C.T. de Fondorallo cunha lonxitude de 0,55 km e 7 apoios de formigón.

Segundo.- Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución e anexos, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico de data 7-11-2000 entendendo que os extremos que nel se recollen non teñen a entidade suficiente para non proceder á súa aprobación.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comezo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no diario El Progreso de data 29 de novembro de 2000, Diario Oficial de Galicia de data 27 de decembro de 2000 e no BOP de Lugo do 28 de decembro de 2000, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial e no taboleiro de edictos do concello, da Pobra de Brollón. Ata o momento do levantamento das actas poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere

oportuno para a defensa dos dereitos e intereses por parte dos interesados.

Lugo, 12 de febreiro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo