Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2001 Páx. 3.505

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 7 de marzo de 2001 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para contratación dun equipo de reprografía dixital.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 51, do 13 de marzo de 2001, páxina 3.170, columna esquerda, pola que se anunciaba a licitación da contratación dun equipo de reprografía dixital, transcríbese a continuación a oportuna modificación:

Punto 4. Orzamento base de licitación, onde di: «Importe total: sete millóns (7.000.000) pesetas (42.070,85 euros).»; debe dicir: «Importe total: sete millóns cen mil (7.100.000) pesetas (42.671,86 euros)».