Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2001 Páx. 3.504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Viven

da, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Asistencia técnica de expropiacións da obra vía rápida desde a PO-300 en Cambados a Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Treito: Cambados-Vilagarcía de Arousa.

Adxudicatario: Topogray, Topografía y Servicios, S.L.

Orzamento: 13.676.400 pesetas.

-Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra incluíndo os labores de coordinación e seguridade e saúde do desdobramento do corredor CRG 1.1 de Catabois a Igrexafeita. Treito I.

Adxudicatario: Proyfe, S.L.

Orzamento. 13.618.400 pesetas.

-Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra incluíndo os labores de coordinación e seguridade e saúde do desdobramento do corredor CRG 1.1 de Catabois a Igrexafeita. Treito II.

Adxudicatario: Proyfe, S.L.

Orzamento: 12.757.680 pesetas.

-Asistencia técnica para a redacción do estudio informativo e impacto ambiental de C-642 no treito Liñares-Ortigueira.

Adxudicatario: Idasa.

Orzamento: 58.410.640 pesetas.

-Asistencia técnica para a instalación e explotación das estacións de aforo, estudio do tráfico e estudio de accidentes nas estradas da rede autonómica galega.

Adxudicatario: Tranor, S.L.

Orzamento: 134.989.316 pesetas.

-Asistencia técnica para a contratación de servicio para a montaxe, preparación, organización e difusión dun simposio: xornadas sobre as infraestructuras de Galicia.

Adxudicatario: Canal Uno de Comunicación, S.L.

Orzamento: 36.049.146 pesetas.

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O que se fai

público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda