O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-lo seguinte contrato:
Concesión para a subministración de carburantes no centro de transportes de mercadorías de Lalín.
Adxudicatario: Dezana de Transportes y Servicios, S.C.L.
Prazo concesión: cincuenta anos.
Canon: 501.000 pesetas.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.
O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2001.
P.D. (Orde 13-12-1993)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda