Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2001 Páx. 3.505

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 8 de febreiro de 2001, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican os requirimentos de pagamento a quen prestou caución a resultas da sanción que se impuxese nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-00312-O-1999 e outro máis).

Por medio desta cédula requírese os fiadores, cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan no anexo, para que, tendo devido firmes as resolucións sancionadoras que se citan nel sen que o denunciado aboara o importe da sanción, procedan o pagamento delas.

Son requiridos para que no prazo de 15 días hábiles aboen o importe da dita sanción, co apercibimento de que, de non facéreno efectivo no dito prazo, se procederá á súa cobranza pola vía de constrinximento, segundo o disposto na lexislación vixente.

O ingreso da citada multa farase mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións nº 13763620, do Banco Bilbao-Vizcaya, Argentaria, S.A., sucursal de Santiago de Compostela, debendo indica-lo nº de expediente.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados garantes, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra

tivo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 8 de febreiro de 2001.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Fiador-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

-Resolución

recurso

OU-00312-O-1999

68-21-JA

G.C. Tráfico

Brita Grilos, LDA

Julián Pérez Puiguert

Francisco Castello, 35-3º

32550 O Carballiño

Ourense

Circular transportando area, dando un peso en báscula de 51.950 kg, exceso de 11.950 kg, un 29%. Báscula mod. Haenni WL-103, N1 1695-1696. Arrastra semirremolque VI-39323.

2-9-1998; 8.45; N-525; 200

Artigo 200.3º do

R.D. 1211/1990

Artigo 143 Lei

16/1987, artigo 201

R.D. 1211/1990

300.000 ptas.Desestimado

OU-02399-O-1998

71-62-HZ

G.C. Tráfico

Brita Grilos, LDA

Julián Pérez Puguert

Francisco Castello, 35-3º

32550 O Carballiño

Ourense

Transportar area cun peso total en carga de 44.322 kg, tendo de

P.M.A. 32.000 kg. Exceso:

12.322 kg. Xúntase copia do ticket.

4-5-1998; 8.20; N-532; 1

Artigo 200.3 do R.D.

1211/1990

Artigo 143 Lei

16/1987, artigo 201

R.D. 1211/1990

300.000 ptas.Desestimado