Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2001 Páx. 3.481

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2001 pola que se convocan varios cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia.

Dentro do programa de actividades de formación continua da EGAP para o 2001, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos referidos no anexo I á presente resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da instancia e certificación que, como modelos oficiais, se recollen no anexo II e III desta resolución, respectivamente.

2. Naqueles cursos que conten con varias edicións presentarase unha soa instancia e para unha única localidade.

3. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en calquera outro curso no presente ano.

4. Para os cursos que se realicen ata o mes de xuño inclusive, o prazo de presentación de instancias rematará o día 31 de marzo. Para os cursos que se realizarán a partir do mes de agosto, o prazo de presentación de solicitudes rematará o día 15 de xuño.

5. As solicitudes, dirixidas ó director da EGAP, presentaranse no rexistro xeral da escola, sita na Rúa de Madrid, 2-4, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso no aludido anexo I.

Terceira.-Selección.

1. Os criterios selectivos que se van utilizar serán os sinalados con carácter xeral na resolución da Escola Galega de Administración Pública do 27 de xuño de 1994 (Diario Oficial de Galicia nº 149, do 3 de agosto).

2. Nos cursos que conten con varias edicións terá preferencia na selección efectuada para cada unha das localidades programadas o persoal que desempeñe o seu posto de traballo nelas.

3. As relacións de seleccionados para participar nos cursos previstos publicaranse nos taboleiros de anuncios da Escola Galega de Administración Pública e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e, se é o caso, nas delegacións pro

vinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarta.-Certificacións de asistencia.

1. Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos de avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos, a EGAP poderá fixa-la realización das probas que considere oportunas ou requiri-la presentación dun traballo final de prácticas.

2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

3. Para coñecemento e constancia no seu expediente, os participantes nos cursos deberán facilitar copia das certificacións recibidas ós servicios de persoal do centro directivo ó que estean adscritos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados co fin de adaptalos ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito de suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para o efecto os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Sexta.-Financiamento.

En razón dos fondos con que se financiarán estes cursos, a súa realización efectiva está condicionada á transferencia daqueles por parte do Instituto Nacional de Administración Pública.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2001.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

* Curso: procedemento administrativo (7 edicións).

1. Obxectivos.

Profundar nos coñecementos xerais na materia e capacita-los participantes no manexo da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións relacionadas cos obxectivos do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (2 edicións), A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, os días 15, 16, 17, 18, 22, 23, 24 e 25 de outubro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido.

Ámbito de aplicación. Principios. Os dereitos e deberes dos cidadáns. O silencio administrativo. Os interesados. O acto administrativo. O procedemento administrativo. Os recursos administrativos. A responsabilidade patrimonial. A potestade sancionadora.

* Curso: réxime xurídico das axudas (2 edicións).

1. Obxectivos.

Unificar criterios e perfecciona-los métodos legais de actuación de acordo co establecido nas distintas normas de axudas.

2. Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia con responsabilidade directa na tramitación e xestión de axudas e subvencións, que se atopen destinados en unidades dedicadas a esta tarefa.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugar e datas : EGAP, os días 19, 20, 21, 25, 26, 27 e 28 de xuño.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido.

O procedemento das subvencións. A súa concesión. O pagamento das axudas. O control das subvencións. As subvencións no orzamento público.

* Curso: o contratista e a Administración pública.

1. Obxectivos.

Examina-la normativa que incide no contratista da Administración pública desde o punto de vista dos requisitos esixibles, estudiando os distintos tipos de formas empresariais en relación coa problemática que se formula no seo da contratación pública, así como a colaboración de empresas a través das unións temporais e das agrupacións de interese económico.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo desenvolvan tarefas relacionadas coas materias obxecto do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 17, 18, 19, 20, 24, 25 e 26 de setembro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 30.

4. Contido.

Normativa comunitaria. O principio de libre concorrencia. O contratista como colaborador da Administración. O principio de risco e ventura. As distintas formas empresariais. Fórmulas de colaboración empresarial. Prohibicións para contratar. Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional. A clasificación. Garantías esixidas nos contratos coa Administración.

* Curso: o deber de actuar e o control da inactividade da Administración.

1. Obxectivos.

Estudia-lo deber xurídico de actuar da Administración, analizando as súas dificultades e obstáculos, tanto no eido teórico como no práctico, examinándose os supostos de inactividade consagrados nas normas, como o caso do silencio administrativo e a perención, e intentando repara-las consecuencias da inactividade administrativa no seu sentido amplo, valorando as súas consecuencias e a responsabilidade patrimonial da Administración nestes casos.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo desenvolvan tarefas relacionadas coas materias obxecto do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 20, 21, 22, 26, 27, 28 e 29 de novembro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido.

O deber de actuar. Inactividade regulamentaria e execución das leis. O deber de incoación e a discrecionalidade nos procedementos iniciados de oficio. O silencio da Administración en materia sancionadora. A inactividade na instrucción dos procedementos administrativos. O deber de resolver. A perención administrativa. O silencio administrativo. A inexecución dos actos administrativos. A inactividade dos concesionarios. Inactividade administrativa e responsabilidade patrimonial.

* Curso: o réxime xurídico dos convenios de colaboración.

1. Obxectivos.

O estudio da problemática xurídica involucrada nunha figura practicamente ausente da regulación polo dereito positivo, con especial fincapé na súa relación coa normativa contractual e subvencional, formulando tanto os campos fundamentais de aplicación da institución como os seus eventuais límites.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo desenvolvan tarefas relacionadas coas materias obxecto do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 16, 17, 18, 19, 23, 24 e 25 de abril.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido.

O contrato administrativo e o convenio de colaboración. Aplicación da normativa contractual ós convenios administrativos. As subvencións públicas e o convenio de colaboración. Os convenios interadministrativos e os consorcios administrativos.

* Curso: a responsabilidade penal, disciplinaria e civil dos funcionarios.

1. Obxectivos.

Profundar no coñecemento dos delictos dos funcionarios públicos no exercicio dos seus cargos, nas infraccións administrativas que producen imputabilidade disciplinaria e na responsabilidade civil.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II, con destino na administración da Xunta de Galicia, interesados na materia obxecto do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 18, 19, 20, 21, 25, 26, 27 e 28 de xuño.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido.

Delictos dos funcionarios públicos no exercicio dos seus cargos: prevaricación. Infidelidade na custodia de documentos. Violación de segredos. Suborno. Responsabilidade disciplinaria e civil.

* Curso: o control de legalidade da administración.

1. Obxectivos.

Profundar no estudio e análise da vinculación administrativa á legalidade, estudiando os principais órganos involucrados no seu aspecto competencial e funcional, así como analiza-los principais aspectos do control de legalidade efectuado pola xurisdicción contencioso-administrativa.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións relacionadas co contido do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 28, 29, 30 e 31 de maio; 4, 5 e 6 de xuño.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido.

Funcións da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia. Funcións da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma. O Consello Consultivo de Galicia. O control de legalidade pola xurisdicción contencioso-administrativa.

* Curso: técnicas de redacción de informes, propostas e resolucións (7 edicións).

1. Obxectivos.

Domina-las técnicas de redacción dos documentos administrativos complexos.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo desenvolvan tarefas relacionadas coas materias obxecto do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (2 edicións): 16, 17, 18, 19, 23, 24 e 25 de abril; A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo os días 26 de abril; 2, 3, 7, 8, 9 e 10 de maio.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 25 por edición.

4. Contido.

A linguaxe administrativa como linguaxe de especialidade. Criterios xerais de estilo na redacción administrativa. Os informes. As resolucións. Os recursos.

* Curso: a normativa laboral. O convenio colectivo único para o persoal da Xunta de Galicia. A negociación colectiva (2 edicións).

1. Obxectivos.

Profundar no coñecemento da normativa laboral vixente, con especial atención á normativa autonómica.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia, que desempeñen postos de traballo nos que leven a cabo funcións relacionadas co contido do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP (2 edicións), os días 5, 6, 7, 8, 12, 13, 14, 15, 19 e 20 de novembro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido.

A normativa laboral. Políticas de igualdade. As modificacións producidas na contratación laboral. O réxime da Seguridade Social e o cálculo das pensións. As empresas de traballo temporal e a súa relación coa Administración pública. O convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia. O Servicio Galego de Colocación. A negociación colectiva.

* Curso: adaptación da Administración pública ante a Unión Económica e Monetaria na súa derradeira fase (2 edicións).

1. Obxectivos.

Culmina-la preparación do persoal autonómico que deba participar na elaboración dos textos e informes necesarios para adapta-la Administración galega á desaparición das unidades monetarias nominadas en pesetas. Transmisión dos coñecementos imprescindibles para desenvolver unha axeitada técnica normativa no eido da UEM. Posta ó día no dereito derivado sobre o euro nas vésperas da súa distribución como moeda facial.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que desenvolvan tarefas relacionadas co contido do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP (2 edicións): 1ª edición: 4, 5, 6, 7, 11, 12 e 13 de xuño; 2ª edición: 17, 18, 19, 20, 24, 25 e 26 de setembro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 20 por edición.

4. Contido.

Análise do dereito orixinario da Unión Económica e Monetaria. A transición diñeiraria no dereito derivado europeo. Exame pormenorizado da Lei de adaptación española. Disposicións regulamentarias que desenvolvan o plan de transición. Adecuación de normas autonómicas. Política de redenominación de tributos, sancións, prezos públicos e outros devengos fixados normativamente. Loxística administrativa da transición ó euro facial.

* Curso: xeral de xestión orzamentaria (2 edicións).

1. Obxectivos.

Propocionar coñecementos específicos en materia de xestión orzamentaria.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III con destino na Administración da Xunta de Galicia, interesados na materia obxecto do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela e A Coruña, os días 27 de setembro; 1, 2, 3, 4, 9, 10 e 11 de outubro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido.

Introducción ós orzamentos da Comunidade Autónoma galega. A execución dos diferentes capítulos orzamentarios. Modificacións orzamentarias. Liquidación e peche do orzamento.

* Curso: a xestión dos tributos da Comunidade Autónoma galega.

1. Obxectivos.

O estudio, desde un punto de vista eminentemente práctico, dos problemas específicos que presenta a aplicación do conxunto dos tributos da Comunidade Autónoma galega, tanto os xestionados directamente pola propia comunidade, como os xestionados por delegación ou colaboración con outras entidades públicas, para profundar na cuestión do financiamento autonómico desde a perspectiva do dereito procedemental.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo desenvolvan tarefas relacionadas coas materias obxectivo do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 16, 17, 18, 22, 23, 24, 25, 29, 30 e 31 de outubro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 30.

4. Contido.

Os tributos da Comunidade Autónoma galega. Tributos propios. Impostos e taxas. Impostos cedidos. Réxime xeral. Cesión parcial do IRPF. Imposto sobre o patrimonio. Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Imposto sobre sucesións e doazóns. Xestión de tributos sobre o xogo.

* Curso: xeral de contabilidade pública.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos básicos en materia de contabilidade pública.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións relacionadas co contido do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 40 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 12, 13, 14, 15, 19, 20, 21, 22, 26, 27, 28 e 29 de novembro; 3 e 4 de decembro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 30.

4. Contido.

Plan Xeral de Contabilidade Pública. Orzamento de gastos. Orzamento de ingresos. Endebedamento. Transferencias e subvencións. Inmobilizado non financeiro. Tesourería. Contas anuais.

* Curso: habilitación de nóminas.

1. Obxectivos.

Propoñe-los coñecementos teóricos e prácticos que permitan mellora-los procedementos de xestión nunha habilitación de nóminas.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia, relacionados coa materia obxecto do curso, preferentemente persoal que desenvolva as súas funcións nunha habilitación de nóminas.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 28, 29, 30 e 31 de maio; 4, 5 e 6 de xuño.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 30.

4. Contido.

Aspectos xerais da xestión orzamentaria: determinación do orzamento, execución e control. Aspectos específicos dos gastos de orixe legal: haberes. Réxime xurídico do persoal ó servicio da Administración pública. O sistema retributivo. Seguridade Social. Xestión operativa dunha habilitación de nóminas.

* Curso: formación de formadores.

1. Obxectivos.

Introducir, actualizar e mellora-las habilidades didácticas das persoas que se dedican á impartición de accións formativas.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que impartisen cursos ou actividades formativas da EGAP.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 22, 23, 24, 25, 29, 30 e 31 de outubro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 15 por edición.

4. Contido.

A aprendizaxe adulta. O grupo como destinatario da acción formativa. Métodos e sistemas de aprendizaxe.

* Curso: xestión informática das unidades administrativas.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos básicos para a xestión informática das unidades administrativas, con especial atención ás posibilidades que ofrece a Internet.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións relacionadas co contido do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP, os días 13, 14, 18, 19, 20, 21, 25 e 26 de xuño.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 20.

4. Contido.

Coñecementos básicos: manexo da información. Partes fundamentais dun ordenador persoal. Sistema operativo: concepto. Manexos básicos iniciais. Conceptos de arquivo, carpeta e directorio. Organización das unidades de almacenamento. Traballo cun programa e intercambio de información entre distintos programas. Internet: conceptos básicos. World wide web. O correo electrónico. Os grupos de noticias (News). Colaboración en tempo real. Chat e vídeo conferencia. Configuración dos programas necesarios.

* Curso: o expediente administrativo e os documentos administrativos (7 edicións).

1. Obxectivos.

Indica-los aspectos teóricos e prácticos involucrados na tramitación dos expedientes administrativos, así como estudia-lo documento administrativo desde o punto de vista xurídico e as principais formas documentais, todo iso relacionado cos dereitos dos cidadáns en relación cos expedientes administrativos e abordando a problemática xurídica dos rexistros, certificacións e compulsas.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos C e D e persoal laboral dos grupos III e IV da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións relacionadas co contido do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (2 edicións), A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, os días 14, 15, 16, 21, 22, 23 e 24 de maio.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 25 por edición.

4. Contido.

Custodia, formación e ordenación do expediente. Clases de documentos, formalidades documentais. Dereitos dos cidadáns en relación cos expedientes administrativos. Rexistros, certificacións e compulsas. Acceso ó expediente administrativo e ós arquivos e rexistros.

* Curso: xeral de contratación administrativa (6 edicións).

1. Obxectivos.

Profundar nos coñecementos xerais na materia e capacita-los participantes no manexo da Lei 53/1999, do 28 de decembro, pola que se modifica a Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos C e D e persoal laboral dos grupos III e IV da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións relacionadas cos obxectivos do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (2 edicións), A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, os días 1, 2, 3, 4, 9, 10 e 11 de outubro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido.

Principios xerais. Actuacións previas. O contrato de obras. O contrato de xestión de servicios públicos. Outros tipos de contratos.

* Curso: o euro: formación básica para a tramitación administrativa e a atencion ós cidadáns (10 edicións).

1. Obxectivos.

Prepara-los funcionarios que van asisti-los cidadáns con motivo das súas demandas de información por causa da desaparación da peseta. Resolución das dúbidas máis comúns en expedientes de contía diñeiraria e en especial as que afectan a colectivos cualificados (anciáns, minusválidos sensoriais, menores, consumidores, persoas con carencias educativas). Trátase así de que a Administración autonómica estea preparada para tranquilizar e asesorar con antelación os cidadáns, considerando a diminución do tempo de convivencia entre o euro e a peseta.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos C e D e persoal laboral dos grupos III e IV, con destino na Administración da Xunta de Galicia que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións relacionadas cos obxectivos do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugar e datas: Santiago de Compostela (2 edicións): 1ª edición: 7, 8, 9, 10, 14, 15 e 16 de maio; 2ª edición: 3, 4, 5, 6, 10, 11 e 12 de setembro; A Coruña (2 edicións): 1ª edición: 21, 22, 23, 24, 28, 29 e 30 de maio; 2ª edición: 10, 11, 12, 13, 17, 18 e 19 de setembro; Ferrol: 4, 5, 6, 7, 11, 12 e 13 de xuño; Lugo: 11, 12, 13, 14, 18, 19 e 20 de xuño; Ourense (2 edicións): 1ª edición: 18, 19, 20, 21, 25, 26 e 27 de xuño; 2ª edición: 17, 18, 19, 20, 24, 25 e 26 de setembro; Pontevedra: 14, 15, 16, 21, 22, 23 e 24 de maio e Vigo: 28, 29, 30 e 31 de maio; 4, 5 e 6 de xuño.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 20 por edición.

4. Contido.

O euro: introducción. O euro no dereito comunitario. Fundamentos económicos da Unión Económica e Monetaria. Normativa española de adaptación

ó euro. Aspectos institucionais da Unión Económica e Monetaria. Operacións de cambio monetario. Xestión administrativa do euro e recapitulación xeral.

* Curso: xestión de persoal (2 edicións).

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos básicos en materia de xestión do persoal das administracións públicas.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos C e D e persoal laboral dos grupos III e IV, destinados en unidades de recursos humanos da Administración da Xunta de Galicia.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP (2 edicións), os días 5, 6, 7, 8, 12, 13 e 14 de novembro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido.

Introducción ó tema. O persoal ó servicio das administracións públicas. Réxime xurídico e características de xestión dos diferentes tipos de persoal.

* Curso: básico de arquivo (7 edicións).

1. Obxectivos.

A iniciación ó tratamento documental e ás técnicas de arquivo na Administración pública.

2. Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia, pertencente ós grupos funcionariais C, D e E e laborais III, IV e V, que no desempeño do seu posto de traballo leven a cabo tarefas de arquivo de documentación administrativa.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 21 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (2 edicións), A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, os días 26 de abril; 2, 3, 7, 8, 9 e 10 de maio.

3.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido.

Información e documentación. O proceso documental. Os documentos das administracións públicas. As técnicas de arquivo.

* Curso: información e atención ó cidadán (6 edicións).

1. Obxectivos.

Comprensión dos modos de conducta e das diferentes situacións que se poden presentar no desenvolvemento dun posto de traballo de atención ó público.

2. Destinatarios.

Persoal pertencente ós grupos funcionariais C, D e E e laborais III, IV e V da Xunta de Galicia, que ocupen postos de traballo que comporten tarefas de atención ó público e información ó cidadán.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela: 11, 12, 13, 14, 18, 19 e 20 de xuño; A Coruña: 20, 21, 22, 25, 26, 27 e 28 de xuño; Lugo: 10, 11, 12, 20, 21, 24 e 25 de setembro; Ourense: 13, 14, 17, 18, 19, 25 e 26 de setembro; Pontevedra: 26, 27 e 28 de setembro; 1, 2, 3 e 4 de outubro e Vigo: 8, 9, 10, 15, 16, 17 e 18 de outubro.

3.3. Horarios: das 17 ás 20.30 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido.

A relación interpersoal. Políticas de igualdade. Elementos básicos da comunicación. Técnicas de información ó público. Resolución de situacións. A información e atención ó público na Xunta de Galicia.

* Curso: as redes informáticas: a rede Internet (2 edicións).

1. Obxectivos.

Divulga-las posibilidades e vantaxes do funcionamento a través das redes informáticas.

2. Destinatarios.

Funcionarios con coñecementos informáticos. Responsables de decisión da conexión coa rede Internet. Usuarios das redes informáticas, en especial da rede Internet.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugar e datas: EGAP (2 edicións), os días 24, 25, 26 e 27 de setembro; 1, 2, 3, 4, 8, 9, 10 e 11 de outubro.

3.3. Horarios: das 17 ás 19 horas (1ª edición); das 19 a 21 horas (2ª edición).

3.4. Prazas: 20 por edición.

4. Contido.

O acceso á Internet. As conexións. As redes. As páxinas web e as canles de información. As canles de diálogo. O correo electrónico. Os foros de discusión (news).

* Curso: iniciación á informática. O procesador de textos (10 edicións).

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos básicos de informática, con especial atención ás posibilidades que ofrece o tratamento de textos na realización das tarefas administrativas.

2. Destinatarios.

O persoal de Administración da Xunta de Galicia.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 40 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (2 edicións), A Coruña (2 edicións), Ferrol, Lugo, Ourense (2 edicións), Pontevedra e Vigo, os días

8, 9, 10, 14, 15, 16, 21, 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de maio; 4, 5, 6, 7, 11 e 12 de xuño.

3.3. Horarios: das 17 ás 19 horas (1ª edición); das 19 ás 21 horas (2ª edición).

3.4. Prazas: 20 por edición.

4. Contido.

Arquitectura dun ordenador. Estructura do sistema operativo. Estructura dos discos. Creación, edición de documentos. Tipos de letra e impresión de documentos. Fusións con bases de datos, mailings, etiquetas.

* Curso: xestor de bases de datos relacionais (10 edicións).

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos introductorios no manexo do xestor de bases de datos relacionais.

2. Destinatarios.

Persoal de Administración da Xunta de Galicia que no seu posto de traballo utilice bases de datos.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (2 edicións), A Coruña (2 edicións), Ferrol, Lugo, Ourense (2 edicións), Pontevedra e Vigo, os días 15, 16, 17, 18, 22, 23, 24, 25, 29, 30 e 31 de outubro; 5, 6, 7 e 8 de novembro.

3.3. Horarios: das 17 ás 19 horas (1ª edición); das 19 ás 21 horas (2ª edición).

3.4. Prazas: 20 por edición.

4. Contido.

Conceptos sobre bases de datos. Creación, actualización e ordenación dunha base de datos. Deseño de etiquetas e informes.

* Curso: folla de cálculo (10 edicións).

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos introductorios para o manexo da folla de cálculo.

2. Destinatarios.

Persoal de Administración da Xunta de Galicia que no seu posto de traballo utilice folla de cálculo.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (2 edicións), A Coruña (2 edicións), Ferrol, Lugo, Ourense (2 edicións), Pontevedra e Vigo, os días 3, 4, 5, 6, 10, 11, 12, 13, 17, 18, 19 e 20 de setembro.

3.3. Horarios: das 17 ás 19 horas (1ª edición); das 19 ás 21 horas (2ª edición).

3.4. Prazas: 20 por edición.

4. Contido.

Nocións de follas de cálculo. Introducción de datos. Os comandos da folla de cálculo. Copias de datos gráficos. Deseño de follas de cálculo.

ANEXO III

D. secretario xeral responsable dos servicios de persoal na consellería/Delegación Provincial de

CERTIFICO:

Que Don/a, no desempeño do seu posto de traballo de

realiza tarefas directamente relacionadas co contido do curso

, de de 2001

Asdo:..................

(1) Especifique a denominación do curso solicitado.