Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2001 Páx. 3.457

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2001 pola que se convocan varios cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia.

Dentro do programa de actividades de formación continua da EGAP para o 2001, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos referidos no anexo I á presente resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da ins

tancia que, como modelo oficial, se recolle no anexo II desta resolución.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en calquera outro curso neste ano.

3. O prazo e mailos lugares de presentación das instancias serán os que se sinalan para cada curso no dito anexo I.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso no aludido anexo I.

Terceira.-Selección.

1. Os criterios selectivos que se van utilizar serán os referidos especificamente no dito anexo I para cada curso.

2. As relacións de seleccionados para participar nos cursos previstos publicaranse nos taboleiros de anuncios da Escola Galega de Administración Pública e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarta.-Certificacións de asistencia.

1. Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos da avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos, a EGAP poderá fixa-la realización das probas ou controis que considere oportunos ou requiri-la presentación dun traballo final de prácticas.

2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

3. Para coñecemento e constancia no seu expediente, os participantes nos cursos deberán facilitar copia das certificacións recibidas ós servicios de persoal do centro directivo ó que estean adscritos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados co fin de adaptalos ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito de suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para o efecto os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Sexta.-Financiamento.

En razón dos fondos con que se financiarán estes cursos, a súa realización efectiva está condicionada á transferencia daqueles por parte do Instituto Nacional de Administración Pública.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2001.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

* Curso: informática básica para usuarios do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia (16 edicións).

1. Obxectivos.

Mellora-los coñecementos dos usuarios do SXPA sobre conceptos básicos en materia informática e sobre algunha das ferramentas utilizadas pola Xunta de Galicia como parte da plataforma tecnolóxica na que se basea o SXPA.

2. Destinatarios.

Usuarios finais do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Que sexan usuarios finais do SXPA, circunstancia que acreditará a Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia e Administración Pública, segundo a lista de usuarios activos no sistema a 30 de xuño de 2001.

No caso de que nunha provincia ou servicios centrais o número de solicitantes supere o número de prazas ofertadas (40 para Santiago de Compostela, A Coruña e Pontevedra e 20 para Lugo e Ourense), unicamente se considerarán as solicitudes de usua

rios que durante os meses de maio e xuño de 2000 tivesen máis días de conexión ó sistema. Para tal efecto, na solicitude, no epígrafe onde se describen as tarefas realizadas no posto de traballo relacionadas co obxecto do curso, deberá indicarse obrigatoriamente o código identificador do usuario no SXPA.

A EGAP publicará as datas e a lista dos participantes para cada curso no taboleiro de anuncios da escola. Así mesmo, remitiranse copias desta ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela. O número de edicións é de 16 (4 edicións para os usuarios de servicios centrais, A Coruña e Pontevedra, e 2 edicións para os de Lugo e Ourense).

As datas serán as seguintes en función do lugar de realización:

-Santiago de Compostela, A Coruña e Pontevedra: 1ª edición: do 10 ó 14 de setembro; 2ª edición: do 17 ó 21 de setembro; 3ª edición: do 24 ó 28 de setembro; 4ª edición: do 1 ó 15 de outubro.

-Lugo e Ourense: 1ª edición: do 10 ó 14 de setembro; 2ª edición: do 17 ó 21 de setembro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 19.30 horas.

4.4. Prazas: 10 por edición.

5. Contido.

Introducción e conceptos básicos sobre sistemas informáticos. O contorno Windows 95 e o procesador de textos Word 97.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de trinta días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo anexo II a esta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Consellería da Presidencia e Administración Pública, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: formación de formadores de usuarios das ferramentas de traballo en grupo: correo electrónico corporativo da Xunta de Galicia (Lotus Notes).

1. Obxectivos.

Obter un profundo coñecemento da ferramenta de correo electrónico corporativo da Xunta de Galicia

(Lotus Notes) e unha óptima preparación para a posterior formación dos usuarios.

2. Destinatarios.

Persoal laboral do grupo III que desempeñe as funcións de coordinador de Infocentro da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

3. Criterios selección.

A selección efectuarase con base en:

-A relación directa do lugar de destino do posto de traballo co lugar no que se impartirán posteriormente os cursos de formación dos usuarios.

-A experiencia na impartición de cursos do SXPA e correo electrónico.

-A relación directa con outras institucións que dispoñen de usuarios do correo electrónico.

A EGAP publicará as datas e a lista dos participantes para cada curso no taboleiro de anuncios da escola. Así mesmo, remitiranse copias desta ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración:21 horas.

4.2. Lugar e datas: Aula Informática da EGAP (2ª planta), os días 7 ó 11, 14 e 15 de maio.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 10.

5. Contido.

Correo electrónico (Lotus Notes): área de traballo (vistas, paneis e carpetas), xestión do correo (envío e recepción), sinatura electrónica, axenda, asignación de tarefas, mensaxes especiais e bases de datos corporativas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de dez días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo anexo II a esta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Consellería da Presidencia e Administración Pública, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: ferramentas de traballo en grupo: correo electrónico corporativo da Xunta de Galicia (Lotus Notes) (45 edicións).

1. Obxectivos.

Obter un adecuado coñecemento da ferramenta de correo corporativo da Xunta de Galicia.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario e laboral da Administración autonómica que sexa usuario do correo corporativo da Xunta de Galicia (Lotus Notes).

3. Criterios de selección.

Usuarios do correo corporativo da Xunta de Galicia (Lotus Notes), circunstancia que acreditará a Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia e Administración Pública, segundo a lista de usuarios activos no sistema a 25 de maio de 2001.

No caso de que nunha provincia ou en servicios centrais o número de solicitantes supere o número de prazas ofertadas (90 para servicios centrais e 90 para cada unha das provincias), establecerase a prioridade en función da data de alta como usuario do correo electrónico (de máis antigo a máis recente).

A EGAP publicará as datas e lista dos participantes para cada curso no taboleiro de anuncios da escola. Así mesmo, remitiranse copias desta ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 6 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela. O número de edicións é de 45 (9 edicións para os usuarios de cada unha das catro provincias e 9 para os de servicios centrais).

As datas serán as seguintes en función do lugar de realización:

-Santiago de Compostela: 1ª edición: 30 e 31 e maio; 2ª edición: 4 e 5 de xuño; 3ª edición: 6 e 7 de xuño; 4ª edición: 11 e 12 de xuño; 5ª edición: 13 e 14 de xuño; 6ª edición: 18 e 19 de xuño; 7ª edición: 20 e 21 de xuño; 8ª edición: 25 e 26 de xuño; 9ª edición: 27 e 28 de xuño.

-A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra: 1ª edición: 4 e 5 de xuño; 2ª edición: 6 e 7 de xuño; 3ª edición: 11 e 12 de xuño; 4ª edición: 13 e 14 de xuño; 5ª edición: 18 e 19 de xuño; 6ª edición: 20 e 21 de xuño; 7ª edición: 25 e 26 de xuño; 8ª edición: 27 e 28 de xuño; 9ª edición: 2 e 3 de xullo.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 19.30 horas.

4.4. Prazas: 10 por edición.

5. Contido.

O correo electrónico (Lotus Notes): a área de traballo (vistas, paneis e carpetas), xestión do correo

(envío e recepción de mensaxes), a sinatura electrónica, a axenda, asignación de tarefas, as mensaxes especiais e bases de datos corporativas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de vinte días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo anexo II a esta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Consellería da Presidencia e Administración Pública, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: reforma administrativa da Xunta de Galicia (8 edicións).

1. Obxectivos.

Profundar no coñecemento do proceso de reforma administrativa implantado na Xunta de Galicia, especialmente nos aspectos vinculados á avaliación do rendemento das unidades administrativas e ó sistema de xestión de procedementos administrativos.

2. Destinatarios.

Responsables de unidades administrativas da Xunta de Galicia, con nivel de subdirección xeral, xefatura de servicio e xefatura de sección.

3. Criterios de selección.

No caso de que nunha localidade de realización do curso o número de solicitantes supere o número de prazas convocadas, darase preferencia ós responsables de unidades directamente implicadas na avaliación do rendemento.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela: 4 ó 7 de xuño; 1ª edición: 11 ó 14 de xuño; 2ª edición: A Coruña: 18 ó 21 de xuño; Lugo: 25 ó 28 de xuño; Ourense: 4 ó 7 de xuño; Pontevedra: 11 ó 14 de xuño; Vigo: 18 ó 21 de xuño; Ferrol: 25 ó 28 de xuño.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 10 por edición.

5. Contido.

Obxectivos básicos, dirección estratéxica e organización de impluso: o establecemento do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA). Servicio de Resposta Inmediata (Seri). A creación do sistema de información administrativa

e atención o cidadán. O rexistro de contratistas. Oficina de tramitación única de industrias (OTU). A formación dos empregados públicos. A avaliación do rendemento das unidades administrativas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 10 de maio.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Inspección Xeral de Servicios, e presentaranse no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou nas respectivas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública segundo a localidade de realización do curso que se solicita, podéndose presentar ademais en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: perfeccionamento do persoal usuario do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia (8 edicións).

1. Obxectivos.

Mellorar e actualiza-lo coñecemento técnico-funcional do SXPA por parte dos seus usuarios finais, con especial atención ás novas funcionalidades do sistema.

2. Destinatarios.

Usuarios finais do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia.

3. Criterios de seleccion.

Te-la condición de usuario final do SXPA ou a de persoal destinado nas oficinas de información e atencion ó cidadán, circunstancias que serán verificadas pola Consellería da Presidencia e Administración Pública, segundo a lista de usuarios activos no sistema a 1 de setembro de 2001.

No caso de que nunha localidade de realización do curso o número de solicitantes supere o número de prazas convocadas, observaranse os seguintes criterios de selección, dándolles prioridade ás solicitudes segundo esta orde:

3.1. Usuarios finais do SXPA que non participasen nas edicións do presente curso realizadas nos anos 1997, 1999 e 2000. Dentro deste grupo terán prioridade absoluta os usuarios destinados nas Oficinas de Tramitación Única de Industrias (OTU) e nas oficinas incluídas no programa do Servicio de Resposta Inmediata (SERI).

3.2. Persoal destinado nas oficinas de información e atención ó cidadán.

Se, conforme os criterios anteriores, se producise empate na puntuación entre dous ou máis aspirantes e non houbera prazas para todos, a selección efec

tuarase segundo a maior antigüidade na Administración, circunstancia que deberá ser certificada polo responsable do servicio de persoal de que dependa o solicitante. De persisti-lo empate, resolverase mediante sorteo entre os afectados.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela: 15 ó 19 de outubro (1ª edición); 22 ó 26 de outubro (2ª edición); A Coruña: 15 ó 19 de outubro; Lugo: 15 ó 19 de outubro; Ourense: 15 ó 19 de outubro; Pontevedra: 22 ó 26 de outubro; Vigo: 22 ó 26 de outubro; Ferrol: 22 ó 26 de outubro.

4.3. Horarios:das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 10 por edición.

5. Contido.

SXPA: introducción ó sistema e ós seus módulos de rexistro, tramitación, información de seguimento e seguridade. O sistema de xestión de subvencións. O correo electrónico: Lotus Notes.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 1 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Inspección Xeral de Servicios, e presentaranse no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou nas respectivas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública segundo a localidade de celebración do curso que se solicita, podéndose presentar ademais en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: loita contra incendios, primeiros auxilios e evacuación (12 edicións).

1. Obxectivos.

Forma-los integrantes dos comités de autoprotección, segundo sinala a Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, no seu artigo 20, para implanta-los plans de emerxencia nos centros de traballo da Administración da Xunta de Galicia

2. Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia, agás persoal docente e persoal estatutario do Sergas.

3. Criterios de selección.

Persoal integrante dos comités de autoprotección nos distintos centros da Administración da Xunta de Galicia, ou persoal que se queira integrar ó remate do curso, que non fixeran ningún curso nesta especialidade.

A EGAP publicará as datas e a lista dos participantes para cada curso no taboleiro de anuncios da escola. Así mesmo, remitiranse copias desta ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración:10 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra, Ourense e Ferrol.

As datas serán as seguintes en función do lugar de realización:

-A Coruña (2 edicións): 26 e 27 de abril (1ª edición); 18 e 19 de outubro (2ª edición).

-Santiago de Compostela (2 edicións): 3 e 4 de maio (1ª edición); 10 e 11 de maio (2ª edición).

-Lugo (3 edicións): 17 e 18 de maio (1ª edición:); 24 e 25 de maio (2ª edición); 31 de maio e 1 de xuño (3ª edición).

-Pontevedra (3 edicións): 7 e 8 de xuño (1ª edición); 14 e15 de xuño (2ª edición); 20 e 21 de setembro (3ª edición).

-Ourense: 27 e 28 de setembro.

-Ferrol: 4 e 5 de outubro.

4.3. Horarios: das 9 ás 14 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

Coñecementos teórico-prácticos sobre loita contra incendios, primeiros auxilios e técnicas de evacuación. Inclúe prácticas con lume real.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de dez días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo anexo II a esta resolución e dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, San Caetano s/n, Santiago de Compostela.

As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: fondos estructurais comunitarios.

1. Obxectivos.

Dar a coñece-los mecanismos comunitarios de aplicación de políticas de axuste estructural, así como os seus instrumentos de xestión, logo da aprobación dos novos regulamentos (CE) do 21 de xuño de 1999.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C, e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia, que presten servicios en unidades implicadas na posible xestión de recursos financeiros procedentes de fondos estructurais.

3. Criterios de selección.

Solicitantes destinados en unidades directamente relacionadas coa programación e xestión de fondos estructurais, respectando en todo caso os criterios selectivos sinalados con carácter xeral na resolución da EGAP do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar: EGAP, os días 21, 22, 23, 28, 29, 30 e 31 de maio; 4, 5 e 6 de xuño.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Os fondos estructurais comunitarios. Introducción. Análise xurídica, tratamento de queixas e procedementos de infracción. O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). O Fondo Social Europeo (FSE). O Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agrícola (FEOGA). O Instrumento Financeiro de Orientación da Pesca (IFOP). Iniciativas e programas singulares. O Fondo de Cohesión.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior (rúa dos Feáns, 5 baixo, 15706 Santiago de Compostela) e presentaranse no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: nocións básicas de economía pública europea para a xestión administrativa.

1. Obxectivos.

Mellora-la precisión no uso dos conceptos económicos públicos máis usuais na Unión Europea. Familiarización cos instrumentos analíticos básicos e imprescindibles para avalia-la incidencia na conducta dos axentes económicos das disposicións e actos administrativos autonómicos asociados ás diferentes políticas comúns. Transmisión de ferramentas teóricas para contabiliza-la incidencia social das normas xurídicas no mercado.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B e C e persoal laboral dos grupos I, II e III da Xunta de Galicia, carentes de formación académica económica que participen na xestión administrativa de políticas, programas ou iniciativas comúns.

3. Criterios de selección.

Solicitantes destinados en unidades directamente relacionadas coa xestión administrativa de políticas, programas ou iniciativas comúns, respectando en todo caso os criterios selectivos sinalados con carácter xeral na resolución da EGAP do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 3, 4, 5, 6, 10, 11, 12, 13, 17 e 18 de setembro.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Introducción: nocións xerais de economía europea. O papel das institucións e políticas comúns nos campos fiscal, monetario e laboral. O mercado de competencia perfecta: principios e institucións. Distorsións típicas do libre mercado en Europa: oligopolios, monopolios, actos colusivos e axudas de Estado. Producción normativa e orzamento normativo. Principios de economía constitucional aplicables ó dereito orixinario comunitario: confluencia de normas constitucionais comunitarias e estatais. Producción normativa europea no ámbito administrativo e teoría da elección pública. Preparación de memorias para proxectos de disposicións de carácter xeral.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de instancias será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior (rúa dos Feáns, 5 baixo, 15706 Santiago de Compostela) e presentaranse no seu rexistro ou por calquera das vías admisibles en dereito, segundo o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: xestión de taxas e prezos (3 edicións).

1. Obxectivos.

Obter unha xestión eficaz e eficiente das taxas e prezos esixibles no ámbito da Administración da Xunta de Galicia con aplicación de criterios uniformes.

2. Destinatarios.

Todo o persoal ó servicio da Administración da Xunta de Galicia que realice tarefas relacionadas coa xestión de taxas e/ou prezos.

3. Criterios de selección.

A selección determinarase pola relación do posto de traballo co contido do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela: 2, 3, 7, 8, 9, 10, 14 e 15 de maio; A Coruña: 4, 5, 6, 7, 11, 12, 13 e 14 de xuño; Vigo: 11, 12, 13, 14, 18, 19, 20 e 21 de xuño.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

3.5. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Instrumentos financeiros da Comunidade Autónoma de Galicia. Procedemento de presentación e ingreso de autoliquidacións. Comprobación de autoliquidacións e práctica de liquidacións. Liquidacións de oficio. Recursos e suspensión. Recadación e devolución de ingresos indebidos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Tributos e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda ou nos das súas delegacións territoriais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: verteduras de augas residuais (2 edicións).

1. Obxectivos.

Coñecemento das fontes de contaminación da auga, os sistemas de evacuación e tratamento, os efectos da vertedura no medio receptor e da lexislación existente neste eido.

2. Destinatarios.

Persoal do organismo autónomo Augas de Galicia que pertenza ás categorías de xefes de equipo, gardas de explotación ou similar.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e en función dos efectivos de cada categoría en cada servicio territorial.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugares e datas: sede dos servicios centrais do organismo, praza Camilo Díaz Baliño, Santiago de Compostela, os días 1, 2, 3, 4, 8 e 9 de outubro (1ª edición); e os días 15, 16, 17, 18, 22 e 23 de outubro (2ª edición).

4.3. Horarios: das 17 ás 19.30 horas.

4.4. Prazas: 13 por edición.

5. Contido.

Conceptos previos. Fontes de contaminación e degradación. Clasificación das augas residuais. Evacuación das augas residuais. Depuración das augas residuais. Competencias para a autorización da vertedura. Lexislación.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á secretaría xeral e presentaranse no rexistro xeral do organismo, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: introducción á topografía.

1. Obxectivos.

Adquiri-los coñecementos teóricos básicos sobre as distintas metodoloxías topográficas, así como obter soltura suficiente no uso do taquímetro e da estación total. Nas prácticas de campo abordaranse aplicacións diversas da topografía

2. Destinatarios.

Legoeiros e laborais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

3. Criterios de selección.

A selección daralle prioridade ó persoal que precisa da toma de datos de campo para a medición e execución de obras e proxectos de estradas. As prazas que non se cubran con este criterio poderán ser ocupadas por persoal adscrito a labores de conservación e explotación.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 35 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 28 e 31 de maio; 4, 7, 11, 14, 18, 21, 25 e 28 de xuño.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 32.

5. Contido.

Introducción á topografía. Levantamentos, tipos e partes. Introducción á cartografía. Instrumentos simples. Métodos de agrimensura. Instrumentos compostos. Métodos estadimétricos. Manexo da estación total. Método de radiación. Cálculo do desnivel entre dous puntos. Toma de datos para a elaboración de perfís. Replanteos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Obras Públicas e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: formación en transportes.

1. Obxectivos.

Proporcionar unha formación básica en materias de competencia da Dirección Xeral de Transportes.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Aplicaranse os criterios selectivos sinalados con carácter xeral na resolución da EGAP do 27 de xuño de 1994 (Diario Oficial de Galicia, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 7 ó 11 de maio.

4.3. Horarios: das 17 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Ordenamento xurídico do transporte. O sistema concesional. Autorizacións de transporte: transporte escolar. Réxime sancionador e inspección do transporte. Mercancías perigosas e perecedoiras. Discos-tacógrafo.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Transportes e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: ambiente e obra pública.

1. Obxectivos.

Presenta-la lexislación de aplicación, xa sexa directa ou sectorial, as normas de tramitación e xestión e o grao de esixencia a que deben someterse os proxectos, tanto na súa fase de redacción como na súa execución.

2. Destinatarios.

Enxeñeiros de camiños e obras públicas da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

A selección daralles prioridade ós técnicos facultativos con responsabilidade na redacción, tramitación, execución e conservación das obras públicas dependentes da CPTOPV, adscritos á Subdirección de Estradas e os seus servicios provinciais.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 2, 9, 16, 23 e 30 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 19.30 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

O marco legal. Tramitación ambiental dos proxectos. Documentos complementarios de EIA á declaración emitida. Contratación da execución de proxectos. Vixilancia e seguimento ambiental.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Obras Públicas e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: directivas europeas en materia de seguridade industrial.

1. Obxectivos.

Análise e estudio das cuestións que na práctica presenta a aplicación da normativa europea en materia de seguridade industrial.

2. Destinatarios.

Persoal técnico da Consellería de Industria e Comercio, tendo preferencia os que desenvolvan as súas tarefas na área de seguridade industrial.

3. Criterios de selección.

Procurando unha repartición territorial equilibrada entre servicios centrais e periféricos, respectaranse en todo caso os criterios selectivos sinalados con carácter xeral na resolución da EGAP do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 8 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, o día 20 de setembro.

4.3. Horarios: de mañá e tarde.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Política europea de seguridade industrial. ¿Que son as directivas horizontais?. Competencia e execución por parte das administracións públicas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes dirixiranse ó director xeral de Industria e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Industria e Comercio, ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

* Curso: verificación de instrumentos de pesaxe de funcionamento non automático. Reparación e verificacións periódicas.

1. Obxectivos.

Actualización e posta ó día nos procedementos de verificación de instrumentos de pesaxe de funcionamento non automático.

2. Destinatarios.

Persoal técnico da Consellería de Industria e Comercio que realice verificacións periódicas.

3. Criterios de selección.

Procurando unha repartición territorial equilibrada entre servicios centrais e periféricos, respectaranse en todo caso os criterios de selección contidos na resolución da EGAP do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 8 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, o día 19 de xuño.

4.3. Horarios: de mañá e tarde.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Control metrolóxico CEE, dentro da UE. Organización internacional de metroloxía legal. Directivas horizontais. Regulamentos nacionais. Competencias da Administración pública. Accións específicas desenvolvidas no sector.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes dirixiranse ó director xeral de Industria e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Industria e Comercio, ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e

do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

* Curso: tramitación de reclamacións en materia de consumo.

1. Obxectivos.

Recollida, tramitación e resolución das reclamacións en materia de consumo presentadas nas oficinas de atención ó consumidor

2. Destinatarios.

Persoal do Instituto Galego de Consumo.

3. Criterios de selección.

Daráselle prioridade ó persoal dependente do Instituto Galego de Consumo que ocupe postos de traballo relacionados co contido do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 10 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, primeira quincena de outubro.

4.3. Horarios: de mañá e tarde.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Estudio das reclamacións para propoñer arbitraxe de consumo. Estudio das posibilidades de mediación. Realización de actas como elemento probatorio fundamental dos expedientes sancionadores. Preparación de resolucións de recursos administrativos

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Xerencia do Instituto Galego de Consumo e presentaranse no seu rexistro xeral ou nos das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

* Curso: encefalopatías transmisibles. Tipos e normativa (2 edicións).

1. Obxectivos.

Actualización do coñecemento sobre as encefalopatías, tanto na súa parte técnica como legal.

2. Destinatarios.

Veterinarios da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os veterinarios que traballan directamente coas EET.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugares e datas: EGAP, os días 7, 9 e 14 de maio e Laboratorio de Sanidade e Producción Animal de Lugo, o día 15 de maio (1ª edición); EGAP, os días 18, 20 e 25 de xuño e Laboratorio de Sanidade e Producción Animal de Lugo, o día 26 de xuño (2ª edición).

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20 horas en Santiago de Compostela e das 16.30 ás 21 horas en Lugo.

4.4. Prazas: 60 por edición.

5. Contido.

Anatomía, epizootioloxía, sintomatoloxía e diagnóstico. Necropsias, recollida de mostras (xeral e específica de encefalopatías), envío ó laboratorio. Lexislación comunitaria e nacional. Plan Nacional de Vixilancia das ETT e medidas adicionais.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse a Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, no das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: xestión informática de axudas para investimentos en explotacións agrarias (2 edicións).

1. Obxectivos.

Darlles unha formación adecuada ós xestores de axudas estructurais con cargo ó Real decreto 204/1996, tanto do Ilgga como das Oficinas Agrarias Comarcais, para que poidan aproveitar tódalas utilidades da aplicación informática de xestión.

2. Destinatarios.

Persoal da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e do Ilgga que xestione axudas do Real Decreto 204/1996.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os funcionarios que xestionen directamente as axudas.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 14 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 22 e 23 de outubro (1ª edición); 29 e 30 de outubro (2ª edición).

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Elaboración dos estudios económicos. Ficheiros de consultas. Revisión de expedientes. Certificación de investimentos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será ata o 31 de xullo.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral do Ilgga, e presentaranse no seu rexistro xeral, no da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: comercio exterior de productos agroalimentarios.

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal no coñecemento da normativa e sistemas de xestión do comercio exterior.

2. Destinatarios.

Persoal da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os funcionarios que desempeñen funcións relacionadas co contido do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, mes de maio.

4.3. Horarios: xoves das 16 ás 19 horas, e venres das 9 ás 14 horas e das 16 ás 18 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Aspectos legais. Promoción e axudas. Problemática e perspectivas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: agroecoloxía aplicada ó sistema rural galego.

1. Obxectivos.

Desenvolvemento e mellora da capacidade e a xestión da agricultura sustentable.

2. Destinatarios.

Persoal dependente do Centro de Investigación e Tecnoloxía Agraria e da Subdirección Xeral de Extensión e Capacitación Agraria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

3. Criterios de selección.

Terán prioridade os funcionarios que desempeñen funcións relacionadas co contido do curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 40 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 7, 14, 21 e 28 de maio; 4 de xuño.

4.3. Horarios: das 9 ás 14 horas e das 16 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Bases da agroecoloxía. Agricultura ecolóxica e biolóxica. Agricultura de precisión.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: xestión cultural II.

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal da Xunta de Galicia que traballa en programas culturais de calquera tipo para poder xestionar mellor os recursos materiais, humanos e inmateriais de que se dispón.

2. Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia que traballe en programas culturais.

3. Criterios de selección.

Desempeñar ou ter desempeñado un posto de traballo relacionado coa programación cultural, preferentemente persoal que teña realizado o primeiro curso.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 1, 2, 3, 8, 9, 10, 15, 16, 22 e 23 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 19.30 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

A xestión cultural. Programación e seguimento de actividades. Avaliación dos resultados. Difusión.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Promoción Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e presentaranse no seu rexistro xeral, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: manexo da aplicación de control orzamentario (SXECC).

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal da Xunta de Galicia que traballa na aplicación de control orzamentario (SXECC) e na explotación de datos obtidos a través do programa.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario ou laboral da Xunta de Galicia que manexe a aplicación de control orzamentario (SXECC).

3. Criterios de selección.

-Certificado da consellería correspondente de que manexa a aplicación SXECC.

Menor número de cursos feitos na EGAP.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: Santiago de Compostela, Centro Bibliográfico, do 2 ó 22 de maio (de luns a venres).

4.3. Horarios: das 8.30 ás 10.30 horas.

4.4. Prazas: 15.

5. Contido.

Módulo de investimentos e explotación dos seus datos. Módulo de gastos e explotación dos seus datos. Módulo de mobilidade e explotación dos seus datos. Módulo de dirección e explotación dos seus datos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e presentaranse no seu rexistro xeral, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera dos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: a economía e o proceso de asistencia social.

1. Obxectivos.

Describir como pode axudar unha perspectiva económica na formación de opcións ante a escaseza, no sentido de que o estudio das política sociais e, polo tanto, da asistencia social, non pode separarse do estudio da política económica.

2. Destinatarios.

Traballadores sociais e persoal da Xunta de Galicia que participen en programas de asignación de recursos en materia de servicios sociais.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e, de se-lo caso, en función das necesidades de cada centro.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 6 e 7 de xuño.

4.3. Horarios: día 6: das 9 ás 14 horas e das 16.30 ás 18.30 horas; día 7: das 9 ás 14 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

A economía e o proceso de asistencia social. A producción de servicios de asistencia social. A medición de resultados.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 20 de abril.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á División de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: procedemento administrativo sancionador en materia de servicios sociais.

1. Obxectivos.

Asesorar, instruír e forma-los instructores en materia de procedemento administrativo sancionador.

2. Destinatarios.

Instructores de expedientes sancionadores da Dirección Xeral de Servicios Sociais.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e, de se-lo caso, en función das necesidades de cada centro.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 14 e 15 de xuño.

4.3. Horarios: día 14: das 9 ás 14 horas e das 16.30 ás 18.30 horas; día 15: das 9 ás 14 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Problemática da aplicación do procedemento administrativo sancionador no eido dos servicios sociais. Peculiaridades do réxime sancionador establecido no Decreto 175/1995, do 16 de xuño, polo que se desenvolve a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, no relativo á inspección e réxime sancionador. Instrucción do expediente sancionador. Unificación de criterios respecto á imposición de sancións que establece a Lei 4/1993: problemática na aplicación de sancións. Problemática común ós instructores. O instructor como salvagarda dos dereitos dos usuarios.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 20 de abril.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á División de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: conxunto mínimo de bases de datos (CMBD) para traballadores sociais.

1. Obxectivos.

Dota-los alumnos dos coñecementos básicos en relación ós sistemas de información sociosanitarios. Formación teórico-práctica para o cumprimento do CMBD-Social. Coñecemento das aplicacións prácticas do CMBD-Social.

2. Destinatarios.

Persoal da área psicosocial de residencias da terceira idade da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e, de se-lo caso, en función das necesidades de cada centro.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 9 e 10 de outubro.

4.3. Horarios: día 9: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas; día 10: das 10 ás 14 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Sistemas de información sociosanitaria (CMBD, SIUSS, etc.). Instrumento de valoración CMBD-Social. Casos prácticos e aplicación informática.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 14 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á División de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: coida-lo coidador: técnicas para o tratamento do estrés nos coidadores (4 edicións).

1. Obxectivos.

Análise da comunicación humana e da relación interpersoal desde diferentes paradigmas. Técnicas de afrontamento do estrés. Análise sistemática de conflictos de grupo.

2. Destinatarios.

Auxiliares de enfermería, ATS/DUE e coidadores de centros dependentes da Dirección Xeral de Servicios Sociais.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e, de se-lo caso, en función das necesidades de cada centro.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: Vigo (Residencia Asistida da Terceira Idade): do 4 ó 8 de xuño; Oleiros (Residencia Asistida da Terceira Idade): do 7 ó 11 de maio; Ourense (Residencia da Terceira Idade Os Milagres): do 18 ó 22 de xuño; Lugo (Residencia da Terceira Idade As Gándaras): do 15 ó 19 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

O manexo do paciente cunha deterioración importante e progresiva: cómo mante-la ilusión. Aprender a vivir coa morte e coas perdas repetidas. As relacións cos familiares. As dificultades do traballo en grupo e a relación cos compañeiros. Traballar na marxinalidade: a vivencia do illamento.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 4 de maio, para os cursos que se realicen en maio e xuño, e o día 14 de setembro para o curso que se realizará en outubro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á División de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: atención sanitaria urxente para persoal de enfermería e auxiliares de clínica (4 edicións).

1. Obxectivos.

Actualizar coñecementos no campo das urxencias que se producen no ámbito xeriátrico. Reciclaxe teórico-práctica de coñecementos en materia de urxencias médicas. Capacita-lo maior número de profesionais para unha actuación inmediata e correcta en situacións de emerxencia vital. Perfeccionamento na aplicación de técnicas de reanimación cardiopulmonar. Alcanzar un óptimo nivel para unha adecuada valoración da gravidade das urxencias. Establecer e conformar protocolos e esquemas de actuación común en situacións de emerxencia xeriátrica. Organizar esta actuación en función dos distintos niveis de gravidade da urxencia e dos profesionais que participen nesta. Rebaixa-los índices de morbi-mortalidade xeriátrica en centros xerontolóxicos.

2. Destinatarios.

Persoal de enfermería e auxiliares de clínica das residencias dependentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e, de se-lo caso, en función das necesidades de cada centro.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña (Residencia-Fogar da Terceira Idade Torrente Ballester): do 22 ó 26 de outubro; Lugo (Residencia da Terceira Idade As Gándaras): do 11 ó 15 de xuño; Ourense (Residencia da Terceira Idade Os Milagres): do 15 ó 19 de outubro; Vigo (Residencia da Terceira Idade do Meixoeiro): do 21 ó 25 de maio.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

O proceso de envecellemento como factor intrínseco na patoloxía urxente xeriátrica. Incidencia, epidemioloxía e morbi-mortalidade das emerxencias xeriátricas. A institución xerontolóxica: características diferenciais. O papel dos traballadores sanitarios e do resto do persoal na primeira asistencia de urxencia. Urxencias: dixestivas, cirúrxicas, endocrinolóxicas, nefrolóxicas, urolóxicas, traumatolóxicas, neurolóxicas, otorrinolaringolóxicas, de aparello respiratorio, etc. Patoloxía infecciosa.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 4 de maio, para os cursos que se realicen en maio e xuño, e o día 14 de setembro para o curso que se realizará en outubro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á División de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: enfermidade de Alzheimer e demencia senil. Coidados xerontolóxicos (2 edicións).

1. Obxectivos.

Coñece-la incidencia e prevalencia da deterioración cognitiva, as demencias senís e a enfermidade de Alzheimer, así como os trastornos de conducta derivados. Adquirir habilidades de avaliación e tratamento non farmacolóxico da deterioración cogni

tiva da enfermidade de Alzheimer e as demencias senís. Aproximarse ó diagnóstico e etioloxía das demencias e da enfermidade de Alzheimer. Incrementa-lo manexo de programas de intervención nas residencias para persoas maiores con deterioro cognitivo ou demencias. Capacitarse para a achega de soporte familiar e traballo con familias. Fomenta-los coñecementos básicos referentes ós aspectos xurídicos relacionados co paciente demente.

2. Destinatarios.

Persoal de atención directa en centros xerontolóxicos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e, de se-lo caso, en función das necesidades de cada centro.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: Ferrol (Residencia da Terceira Idade): do 21 ó 25 de maio; Pontevedra (Residencia da Terceira Idade Campolongo): do 11 ó 15 de xuño.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

Concepto, clasificación e epidemioloxía das demencias. Valoración da deterioración cognitiva. Rehabilitación física e fisioterapia nos trastornos cognitivos, demencias e enfermidade de Alzheimer. Intervención socioterapéutica encamiñada ó desenvolvemento das AVD. Planificación e protocolización de coidados de enfermería especializados en demencias e enfermidade de Alzheimer. Rexistros clínicos e documentación. Aspectos xurídicos. Manexo dos trastornos de conducta asociados á síndrome demencial en centros.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 20 de abril.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á División de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: técnicas e habilidades de intervención con familias de usuarios (4 edicións).

1. Obxectivos.

Introduci-lo profesional no desenvolvemento dun modelo xeral de abordaxe das situacións familiares. Adestra-lo profesional en determinadas técnicas de estudio, coñecemento de funcionamento familiar e de cara á intervención profesional.

2. Destinatarios.

Persoal de atención directa: ordenanzas, auxiliares de enfermería, asistentes sociais, ATS/DUE e camareiros-limpadores dos centros residenciais dependentes da Dirección Xeral de Servicios Sociais.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e, de se-lo caso, en función das necesidades de cada centro.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: Ourense (Residencia da Terceira Idade Os Milagres): do 21 ó 25 de maio; Oleiros (Residencia Asistida da Terceira Idade): do 11 ó 15 de xuño; Vigo (Residencia Asistida da Terceira Idade): do 15 ó 19 de outubro; Lugo (Residencia da Terceira Idade As Gándaras): do 1 ó 5 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

A familia como sistema. Metodoloxía do traballo social con familias: circularidade, verificación, rexeitamento. Entrevista. A demanda familiar. Comprobación de hipóteses. A institución como sistema. Cómo asumir e facer críticas. Manexo práctico de situacións de conflicto e límites. Atención básica a persoas maiores.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 20 de abril, para os cursos que se realicen en maio e xuño, e o 14 de setembro para os que teñan lugar en outubro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á División de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* III curso de formación de funcionarios da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura para o recoñecemento das especies, artes e instalacións obxecto de procedementos administrativos a instancia de parte.

1. Obxectivos.

Formación do persoal da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura no recoñecemento das especies, artes e instalacións do mundo da pesca e da acuicultura que son obxecto do seu traballo.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario e laboral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

3. Criterios de selección.

3.1. Estar adscrito a postos de traballo dependentes da Dirección Xeral de Recursos Mariños.

3.2. Estar adscrito a postos de traballo dos Servicios de Recursos Mariños das delegacións territoriais ou das delegacións comarcais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

3.3. Estar adscrito a outros postos de traballo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

3.4. En caso de necesidade, terase en conta como criterio selectivo a antigüidade.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 1 ó 5 de outubro.

4.3. Horarios: das 16 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Coñecemento das especies obxecto de explotación na pesca, no marisqueo e na acuicultura en Galicia, con especial referencia ás vedas e tamaños mínimos de comercialización. Artes e aparellos autorizados en Galicia. As embarcacións de pesca e auxiliares da acuicultura: límites ó exercicio da actividade da pesca. Permisos de explotación. Plans de explotación. Alternancia de artes. A acuicultura. As súas instalacións. A lexislación aplicable. Os procedementos administrativos por instancia de parte en materia de acuicultura.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Subdirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, San Caetano, nº 5º-2º, Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da consellería, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: técnicas de calibración e cálculo de incerteza en equipos de medida de laboratorios de análise de productos mariños.

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal técnico dos laboratorios implicados no control oficial de productos procedentes da pesca, o marisqueo ou a acuicultura nas técnicas de calibración e cálculo de incerteza de equipos de medida e ensaio.

2. Destinatarios.

Persoal técnico dos laboratorios dependentes da Dirección Xeral de Recursos Mariños da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais

3. Criterios de selección.

A selección efectuarase entre o persoal técnico destinatario que estea desenvolvendo actividades en relación directa co contido do curso, preferentemente persoal técnico do Centro de Control da Calidade do Medio Mariño.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: Centro de Control da Calidade do Medio Mariño. Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), os días 18, 19, 25 e 26 de abril; 2, 3, 9 e 10 de maio.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido.

Criterios xerais de calidade na calibración de equipos de medida e ensaio. Principios, requisitos e procedementos xerais para a avaliación da incerteza de medida en calibracións. Métodos para avalia-la incerteza de medida das magnitudes de entrada. Relación entre a incerteza de medida da magnitude de saída e a incerteza de medida das magnitudes de entrada. Incerteza expandida de medida. Avaliación da capacidade óptima de medida. Casos prácticos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e presentarse no seu rexistro xeral, ou en calquera das súas delegacións provinciais, así como de conformidade co disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: iniciación e tramitación dos procedementos sancionadores conforme a Lei 6/1991, do 15 de maio (2 edicións).

1. Obxectivos.

Conseguir un mellor coñecemento do procedemento correcto de instrucción de expedientes e levantamento de actas por infracción da Lei 6/1991, coa finalidade de acadar unha maior efectividade nas devanditas tarefas de inspección e represión das conductas tipificadas pola Lei de protección de recursos, evitando así a iniciación de expedientes que por defectos formais se frustren no seu cometido. Achegamento á lexislación aplicable, tanto autonómica como estatal básica, así como á xurisprudencia recaída neste tipo de expedientes, orientándose sobre as cuestións máis relevantes suscitadas na práctica diaria.

2. Destinatarios.

Axentes do Servicio de Inspección, instructores e, en xeral, todo o persoal con intervención nos procedementos sancionadores tramitados ó abeiro da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións e sancións en materia de protección de recursos marítimo pesqueiros.

3. Criterios de selección.

Relación coa instrucción e tramitación dos procedementos sancionadores citados.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 18 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 2, 3, 7, 8, 9, e 10 de maio (1ª edición); 4, 5, 6, 7, 11 e 12 de xuño (2ª edición).

4.3. Horarios: das 17.30 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Normativa e xurisprudencia aplicable ó levantamento das actas de inspección ó abeiro da Lei 6/1991, do 15 de maio. As incautacións dos aparellos e os vehículos utilizados na comisión das infraccións tipificadas na lei citada, casuística destas e actuacións que hai que practicar. O procedemento sancionador e a súa instrucción. As diversas fases na súa correcta tramitación. Especial referencia á caducidade e á prescrición. O desenvolvemento regulamentario da Lei 6/1991, o Decreto 426/1993, do 17 de decembro, e a graduación das sancións. Normativa estatal básica aplicable. A Lei 14/1998, do 1 de xuño, pola que se establece o réxime de control para a protección dos recursos pesqueiros e a súa próxima substitución pola Lei de pesca estatal. O proxecto actual. A xurisprudencia contencioso-administrativa relativa á instrucción de expedientes conforme a Lei estudiada. Especial referencia ás sentencias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A nova xurisprudencia dos xulgados do

contencioso-administrativo.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de vinte días hábiles.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Subdirección Xeral de Pesca e Protección de Recursos Mariños da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, e presentarse no rexistro da dita consellería, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: prevención de riscos laborais e condicións de seguridade en laboratorios de análise de productos mariños.

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal de laboratorio nos conceptos básicos de seguridade e hixiene para actuación en situacións que se poden presentar no desenvolvemento do posto de traballo por manipulación de sustancias tóxicas.

2. Destinatarios.

Persoal que estea a desempeña-las funcións de técnico superior, técnico especialista e auxiliar de laboratorio na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

3. Criterios de selección.

Solicitantes destinados nos laboratorios da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Atenderanse preferentemente as solicitudes do persoal auxiliar de laboratorio e oficiais destinados no Centro de Control da Calidade do Medio Mariño.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 17 horas.

4.2. Lugar e datas: Centro de Control da Calidade do Medio Mariño. Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), os días 19, 20, 26 e 27 de setembro; 3, 4 e 10 de outubro.

4.3. Horarios: das 16.30 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 50.

5. Contido.

Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo. Riscos xerais e a súa prevención. Riscos específicos no laboratorio e a súa prevención: traballos de laboratorio perigosos. Manipulación do vidro. Coidados ó destilar. Traballos en campás de ventilación. Traballos con baleiro. Manexo de gases. Eliminación de residuos. Actuación en caso de verteduras e salpicaduras. Elementos básicos de xestión da prevención de riscos. Primeiros auxilios.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de vinte días.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e presentarse no seu rexistro xeral, ou en calquera das súas delegacións provinciais, así como de conformidade co disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: formación rexistral en materia de cooperativas II: o regulamento do rexistro de cooperativas.

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal adscrito ós rexistros de cooperativas nos procedementos, mecánica rexistral e outros aspectos precisos para a correcta aplicación do regulamento do rexistro de cooperativas.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B, C e D e persoal laboral dos grupos I, II, III e IV da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Preferentemente persoal adscrito ós rexistros de cooperativas ou que acrediten coñecementos en formación rexistral básica.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 28 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 18 e 25 de setembro; 2, 9, 16, 23 e 30 de otubro.

4.3. Horarios: das 16 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Regulamento do rexistro de cooperativas de Galicia.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Relacións Laborais (Subdirección Xeral de Traballo), edificio administrativo San Caetano, bloque 5-3ª planta, 15771 Santiago de Compostela e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: as sociedades cooperativas galegas (5 edicións).

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal da Administración autonómica nas características e regulación legal das sociedades cooperativas galegas e nas posibilidades de promoción e fomento desta fórmula empresarial.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A, B, C e D e persoal laboral dos grupos I, II, III e IV da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Preferentemente persoal que realice funcións de orientación de proxectos na área de emprego, ou nas áreas relacionadas co mar ou co agro.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 10 horas.

4.2. Lugares e datas: Ourense e A Coruña: 8, 9 e 10 de maio; Lugo e Vigo: 22, 23 e 24 de maio; Santiago de Compostela: 29, 30 e 31 de maio.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas, agás o último día que será das 17 ás 21 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

Regulación legal da sociedade cooperativa galega. Aspectos económicos e sociais. Vantaxes competitivas. Análise de experiencias galegas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Relacións Laborais (Subdirección Xeral de Traballo), edificio administrativo San Caetano, bloque 5-3ª planta, 15771 Santiago de Compostela e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: Lei de axuizamento civil (17 edicións).

1. Obxectivos.

Potencia-los coñecementos dos participantes nos contidos da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

2. Destinatarios.

Funcionarios da Administración de xustiza, destinados nos xulgados de primeira instancia ou primeira instancia e instrucción, e audiencias provinciais.

3. Criterios de selección.

Funcionarios titulares da Administración de xustiza destinados en xulgados de primeira instancia ou primeira instancia e instrucción, e audiencias provinciais, rexendo como segundo criterio de selección a antigüidade.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, mes de xuño. As datas daranse a coñecer a partir do mes de abril, chamando á Dirección Xeral de Xustiza.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

4.5. O certificado de asistencia non computará para os efectos previstos nos reais decretos 249/1996, do 16 de febreiro e 296/1996, do 23 de febreiro.

5. Contido.

Principios informadores e cuestións xerais sobre xurisdicción, competencia, lexitimación e capacidade procesual. Actuacións e resolucións xudiciais (especial consideración á documentación das actuacións por medios audiovisuais). Procesos declarativos: ordinario e verbal. Proceso de execución e medidas cautelares. Procesos declarativos especiais. Recursos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza, praza de Europa, 5 A-4ª, Polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: Lei de responsabilidade penal dos menores (4 edicións).

1. Obxectivos.

Potencia-los coñecementos dos participantes na materia de responsabilidade penal dos menores.

2. Destinatarios.

Funcionarios da Administración de xustiza destinados nas fiscalías de capital de provincia e xulgados de menores, así como integrantes dos equipos técnicos.

3. Criterios de selección.

Preferentemente, os funcionarios titulares das fiscalías de capital de provincia e xulgados de menores destas, así como traballadores dos equipos técnicos de menores. Entre todos rexerá como segundo criterio de selección a antigüidade.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 18 horas.

4.2. Lugar e datas: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, mes de xuño. As datas daranse a coñecer a partir do mes de abril, chamando á Dirección Xeral de Xustiza.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

4.5. O certificado de asistencia non computará para os efectos previstos nos reais decretos 249/1996, do 16 de febreiro e 296/1996, do 23 de febreiro.

5. Contido.

Principios informadores e ámbito de aplicación da nova Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro. Medidas. A instrucción do procedemento. Os equipos técnicos. Medidas cautelares e fase de audiencia. Recursos e execución, con especial referencia ás medidas privativas de liberdade. As leis orgánicas 7/2000 e 9/2000, do 22 de decembro.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza, praza de Europa, 5 A-4ª, Polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: básico de información, orientación e asesoramento á xuventude.

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal das casas de xuventude e dos servicios de información xuvenil a nivel teórico-práctico sobre as distintas asesorías que se poden levar a cabo nas oficinas de información xuvenil: emprego, educación, vivenda, servicio social, militar, voluntariado, programas europeos e asociacionismo para a xuventude.

2. Destinatarios.

Persoal da Dirección Xeral de Xuventude e das casas de xuventude dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia e responsables das Oficinas e Puntos de Información Xuvenil da Comunidade Autónoma de Galicia

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e en función dos efectivos de cada categoría da dirección xeral e de cada delegación provincial.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 34 horas.

4.2. Lugar e datas: Casa da Xuventude, praza do Matadoiro, Santiago de Compostela, os días 7, 8, 9, 10, 14, 15 e 16 de maio.

4.3. Horarios: das 9.30 ás 14.30 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Introducción e esquema básico da estructura do sistema educativo na Lei xeral de educación e na LOXSE e a súa aplicación nunha Oficina de Información Xuvenil. Introducción e esquema básico sobre o acceso ó mercado laboral por conta allea (na empresa pública e na privada) e como autónomo e empresario. As distintas axudas á creación de emprego e a súa aplicación nunha Oficina de Información Xuvenil. Introducción e esquema básico sobre o voluntariado, a prestación social substitutoria e o servicio militar e a súa aplicación nunha Oficina de Información Xuvenil. Introducción e esquema básico sobre as axudas á vivienda para xoves e a súa aplicación nunha Oficina de Información Xuvenil. Introducción e esquema básico sobre os recursos da Unión Europea para a xuventude. Introducción á mediación na educación sexual. Asociacionismo xuvenil.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: principios educativos de intervención con menores infractores.

1. Obxectivos.

Conseguir unha intervención educativa de calidade favorecendo a resocialización do menor con criterios homoxéneos dos técnicos que traballan neste eido.

2. Destinatarios.

Persoal adscrito ós servicios centrais e delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia na área de menores.

3. Criterios de selección.

Técnicos e educadores que interveñan na execución de medidas xudiciais con menores infractores.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 26, 27 e 28 de setembro.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

Características dos menores infractores. Modelos teóricos de referencia para comprende-lo menor infractor. Métodos e técnicas de intervención con menores infractores: a medida de liberdade vixiada.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 7 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión o curso axustaranse ó modelo anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Familia, Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, San Caetano s/n, 15771, Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: información e calidade na atención á xuventude desde os Servicios de Información Xuvenil.

1. Obxectivos.

Aumenta-la calidade na prestación dos servicios de información á xuventude.

2. Destinatarios.

Persoal da Dirección Xeral de Xuventude e das casas de xuventude dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia e responsables das Oficinas e Puntos de Información Xuvenil da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e en función dos efectivos de cada categoría da dirección xeral e de cada delegación provincial.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: Casa da Xuventude, praza do Matadoiro, Santiago de Compostela, os días 23, 24, 28, 29 e 30 de maio.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas.

4.4. Prazas: 20.

4. Contido.

Características básicas da xuventude. A relación interpersoal. Elementos da comunicación. As barreiras. Tipos de comunicación. A atención ó público xuvenil. Estratexias. A calidade na prestación da información nas OMIX e PIX.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: intervención en malos tratos.

1. Obxectivos.

Determina-las situacións en que se poden producir malos tratos á infancia. Abordaxe das situacións en problemáticas de malos tratos.

2. Destinatarios.

Persoal adscrito á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

3. Criterios de selección.

Que pertenzan ós equipos de menores das delegacións provinciais e servicios centrais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 17, 18 e 19 de outubro.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido.

Definición de malos tratos á infancia. Indicadores observables e non observables dos procesos de malos tratos. O papel dos profesionais ante a detección e notificación de maltrato. Técnicas de abordaxe para as diversas tipoloxías de malos tratos. Técnicas preventivas.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 1 de outubro.

6.2. As solicitudes de admisión o curso axustarase ó modelo anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Familia, Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, San Caetano, s/n, 15771 Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: programación didáctica de xornadas de información e orientación á xuventude desde os Servicios de Información Xuvenil (2 edicións).

1. Obxectivos.

Proporcionarlles ás persoas que traballan na Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, que xa fixeron o curso básico de información, orientación e asesoramento á xuventude, uns coñecementos teórico-prácticos para organizar, programar ou deseñar xornadas informativas dirixidas á mocidade do seu ámbito de actuación.

2. Destinatarios.

Persoal da Dirección Xeral de Xuventude e da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, que teña realizado o curso básico de información e orientación xuvenil.

3. Criterios de selección.

Por antigüidade e en función dos efectivos de cada categoría da dirección xeral e de cada delegación provincial.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 27 horas.

4.2. Lugar e datas: Casa da Xuventude, praza do Matadoiro, Santiago de Compostela, os días 4, 5, 6, 7, 11 e 12 de xuño (1ª edición); 13, 14, 15, 18, 19 e 20 de xuño (2ª edición).

4.3. Horarios: das 9.30 ás 14.30 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Metodoloxía didáctica (Obxectivos. Contidos. Métodos. Actividades. Recursos materiais e medios didácticos. Avaliación) no ámbito da xuventude. Dinámica de grupos. A mediación na educación sexual. O voluntariado xuvenil desde o ámbito municipal.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: estrés profesional.

1. Obxectivos.

Identifica-las situacións laborais que producen máis esgotamento. Coñecer diversas técnicas de abordaxe de situacións conflictivas. Previ-lo esgotamento laboral e mellora-la calidade das intervencións profesionais.

2. Destinatarios.

Persoal adscrito ós centros de menores, delegacións provinciais e servicios centrais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

3. Criterios de selección.

Que pertenzan ó ámbito de menores.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 3, 4 e 5 de outubro.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

O desgaste psíquico no traballo (a síndrome de queimarse): ¿Que é?. Análise dos factores que favorecen a vulnerabilidade. Propostas de prevención e tratamento. Técnicas e habilidades para a mellora de calidade de vida profesional: negociación. Comunicación efectiva e asertiva. Cooperación asertiva. Sinerxía e apoio social. Toma de decisións e autoestima. Plan de mellora persoal e profesional.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 14 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión o curso axustarase ó modelo anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Familia, Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, San Caetano, s/n, 15771, Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: intervención educativa con menores e mozos infractores nos centros de reeducación.

1. Obxectivos.

Adapta-la intervención educativa ás necesidades dos distintos grupos de idade, madureza e habilidades sociais, previstas na Lei orgánica 5/2000, de responsabilidade penal dos menores.

2. Destinatarios.

Persoal adscrito ós servicios centrais e delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia na área de menores.

3. Criterios de selección.

Directores e educadores dos centros de reeducación.

Técnicos da dirección xeral e delegacións provinciais que interveñan na execución de medidas xudiciais con menores infractores.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 9, 10 e 11 de outubro.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido.

O menor como suxeito de dereito. Grupos educativos de menores: os tramos de idade, madureza e habilidades sociais. A intervención educativa con menores infractores: cambios actitudinais e sentimentos antisociais. Promove-lo control, afecto e comunicación familiar. Identificación con modelos prosociais. Habilidades de autocontrol, organización persoal e solución de problemas. As medidas privativas de liberdade: elaboración do proxecto educativo individual. Informes preceptivos. Avaliación e seguimento da intervención. A reinserción/reincidencia.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 24 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión o curso axustarase ó modelo anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Familia, Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, San Caetano, s/n, 15771, Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: toma de mostras en ambiente (4 edicións).

1. Obxectivos.

Unifica-los criterios para unha toma de mostra representativa, nos distintos medios (gas, líquido e sólido) e adecualos ás distintas técnicas tanto manuais como automáticas, de xeito que se poida garantir que a análise da mostra representa realmente o estado do medio.

2. Destinatarios.

Axentes forestais e persoal da Xunta de Galicia que tome mostras con destino a análises ambientais.

3. Criterios de selección.

A selección do persoal farase tendo en conta as seguintes prioridades: persoal da Consellería de Medio Ambiente dedicado á mostraxe sistemática e envío de mostras a laboratorios de referencia. Primarase a demostración real de ter tomado e remitido

mostras para análise de laboratorio. Persoal da Consellería de Medio Ambiente que apoia legalmente a toma de mostras. Persoal doutras consellerías que realizan toma de mostras para envío a laboratorios de análise.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 25 horas.

4.2. Lugares e datas: delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública de Lugo, Ourense e Pontevedra. O curso da Coruña e un día de cada un dos cursos realizarase na sede do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia (Polígono A Grela. A Coruña); A Coruña: 30 e 31 de maio e 1 de xuño; Pontevedra: 13, 14 e 15 de xuño; Ourense: 27, 28 e 29 de xuño; Lugo: 4, 5 e 6 de xullo.

4.3. Horarios: os dous primeiros días das 9 ás 14 horas e das 16 ás 19 horas; o terceiro día das 9 ás 14 horas (xornada práctica de campo)

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido.

-Toma de mostras estatisticamente correcta. Análise probabilística das desviacións. Distribución normal. Accións correctas ante unha toma de mostra dun lote non uniforme. Toma de mostra manual e automática: diferencias, semellanzas. Vantaxes e inconvenientes de cada un dos procedementos. Toma de mostra oficial: documentación, acta, etiquetaxe, defensión, testemuñas. Toma de mostra para análise inicial, contradictorio e arbitral ou dirimente. Toma de mostra e análise in situ: mostras ou parámetros perecedoiros; caducidade; almacenamento; cadea de custodia, cadea de frío. Uso de aditivos para parámetros lábiles e para conservación de mostras.

-Toma de mostras líquidas. Mostras de líquidos inmiscibles.

-Toma de mostras sólidas. Uniformidade. Estudio previo.

-Toma de mostra gasosa.

-Mostraxes complexas e novas metodoloxías.

-Clases prácticas e traballos de campo. Utilización dos medios dispoñibles no Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia (Laboratorio de Referencia). Toma de mostra en ríos e en lixiviados. Funcionamento dunha unidade móbil de inmisión. Toma de mostra é análise in situ en emisión. Mostraxe de residuos e solos contaminados.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Subdirección Xeral do Departamento de Investigación e Tecnoloxía Ambiental, praza de Vigo, n.º 2, entreplanta, 15706 Santiago de Compostela.

As instancias, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados e as referencias ós criterios de selección, presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: contaminación atmosférica: conceptos básicos e lexislación para aplicar.

1. Obxectivos.

Dota-la Inspección Ambiental da formación básica sobre contaminación atmosférica, lexislación aplicable e a súa aplicación nas labores de Inspección Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia. Actualización e normalización de criterios xerais sobre contaminación atmosférica na inspección ambiental.

2. Destinatarios.

Técnicos do ámbito da inspección ambiental da Consellería de Medio Ambiente, así como persoal con funcións de inspección ambiental sectorial.

3. Criterios de selección.

O curso diríxese a: persoal con responsabilidade en inspección ambiental xeral, persoal con responsabilidade complementaria á inspección xeral, persoal con responsabilidade en inspección ambiental sectorial.

Estes traballadores serán titulados superiores de corpos especiais (químicos, biólogos, enxeñeiros, etc.).

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 19, 20 e 21 de xuño.

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 19 horas.

4.4. Prazas: 50.

5. Contido.

Contaminación atmosférica: conceptos básicos. Lexislación aplicable ás emisións á atmosfera. Lexislación aplicable á calidade do aire. Control de emisións á atmosfera. Control da calidade do aire. O control da calidade do aire a través da auga de chuvia. Control de partículas. Caso práctico: visita a unha instalación para a aplicación práctica dos coñecementos teóricos desenvolvidos ó longo do curso.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambien

tal, rúa dos Feáns, nº 7 baixo, 15706 Santiago de Compostela.

As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

* Curso: introducción á proposta galega de lugares de importancia comunitaria. A Rede Natura 2000 (2 edicións).

1. Obxectivos.

Darlles a coñecer ós técnicos e axentes forestais a proposta galega dos lugares de importancia comunitaria e a normativa que os regula.

2. Destinatarios.

Técnicos e axentes forestais.

3. Criterios de selección.

Reservaranse a metade das prazas para técnicos e a outra metade para gardas forestais, tendo prioridade, en primeiro lugar, os funcionarios e técnicos da Subdirección de Medio Ambiente Natural e, en segundo lugar, os funcionarios e técnicos da Dirección Xeral de Montes.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela (EGAP), os días 12, 13 e 14 de xuño (1ª edición); e na Escola de Capacitación Agraria de Lourizán (Pontevedra) os días 19, 20 e 21 de xuño (2ª edición).

4.3. Horarios: das 10 ás 14 horas e das 16 ás 20 horas, agás o último día de cada curso, que será de 10 a 14 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido.

Directiva Hábitats 92/43 CEE. Real decreto 1997/1995. A Rede Natura: forma de elaboración. A Rede Natura: compromisos que supón.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo do anexo II desta resolución e dirixiranse á Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

As instancias, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, presentaranse no rexistro da Consellería de Medio Ambiente, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.