Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2001 Páx. 3.489

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de arquitectos técnicos, lista B, de conformidade co punto cuarto da Resolución do 27 de decembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 5, do 8 de xaneiro de 2001).

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 8 de marzo de 2001, resolucións estimatorias dos recursos formulados respectivamente por Pablo García Fernández, María del Mar Piñeiro Otero e José Rivera Vilar contra a Resolución do 27 de decembro de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo incluídos nas relacións de postos de traballo do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de arquitectos técnicos, de conformidade co

punto cuarto da Resolución do 27 de decembro de 2000 (DOG nº 5, do 8 de xaneiro de 2001), lista B.

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio das peticións dos interesados, procede dárlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por estas nas listas publicadas por Resolución do 27 de decembro de 2000, no sentido de que deben figurar na lista B para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de arquitectos técnicos, cos datos seguintes:

Pablo García Fernández, DNI: 36.121.085, lista B, puntuación: 0,000 puntos, no posto número 46 para o ámbito D0000, no posto número 53 para o ámbito D1500, no posto número 25 para o ámbito D2700, no posto número 20 para o ámbito D3200 e no posto número 32 para o ámbito D3600.

María del Mar Piñeiro Otero, DNI: 32.657.772, lista B, puntuación: 1,550 puntos, no posto número 1 para o ámbito D0000 e no posto número 2 para o ámbito D1500.

José Rivera Vilar, DNI: 33.310.267, lista B, puntuación: 0,970 puntos, no posto número 17 para o ámbito D0000, no posto número 21 para o ámbito D1500, no posto número 10 para o ámbito D2700, no posto número 6 para o ámbito D3200 e no posto número 9 para o ámbito D3600.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública