Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2001 Páx. 3.434

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 12 de marzo de 2001 pola que se nomean os membros da Comisión de Selección de Investigación.

O Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, (DOG do 6 de febreiro), crea a Comisión de Selección de Investigación, dependente da Consellería da Presidencia e Administración Pública, a través da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, determina as súas funcións e fixa o marco para a súa composición e para o nomeamento dos seus membros.

A experiencia acumulada nos anos de vixencia do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (PGIDT) así como a inminente necesidade de resolve-las accións do programa de promoción xeral da investigación, convocadas e próximas a convocar, impoñen a necesidade de constituí-la Comisión de Selección de Investigación atendendo ás premisas anteriores.

Na súa virtude, e atendendo a proposta do secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

A Comisión de Selección de Investigación creada polo Decreto 37/1998, queda integrada polas persoas que a seguir se relacionan:

Presidente:

-Franco Fernández González. Área de ciencias experimentais.

Vocais:

-Andrés Beiras Iglesias. Área de ciencias da saúde.

-Manuel José Botana Agra. Área de ciencias sociais e xurídicas.

-Mercedes Brea López. Área de humanidades.

-Diego Cabello Ferrer. Área de ciencias experimentais.

-Mª Victoria Carballo-Calero Ramos. Área de humanidades.

-F. Javier Cuadrado Aranda. Área de ensinanzas técnicas.

-Luis Felipe de la Cruz Palomino. Área de ciencias da saúde.

-Antonio García Pino. Área de ensinanzas técnicas

-Elisa Longo González. Área de ciencias experimentais.

-Amando Ordas Pérez. Área de ciencias experimentais.

-José Manuel Sánchez Santos. Área de ciencias económicas.

-José Luís Veira Veira. Área de ciencias sociais e xurídicas.

Secretario:

Un funcionario da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Artigo 2º

Facúltase a Comisión de Selección de Investigación para solicitar información e asesoramento, establecendo os contactos necesarios que conduzan a unha máis axeitada distribución dos fondos destinados ás convocatorias de axudas e bolsas de fomento da investigación que faga a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas as ordes do 21 de abril de 1998 (DOG do 12 de maio) e a do 26 de abril de 1999 (DOG do 4 de maio).

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública