Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2001 Páx. 3.435

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 12 de marzo de 2001 pola que se dispoñen os nomeamentos de vocais en representación da Administración xeral do Estado nos consellos de administración das autoridades portuarias da Coruña, Marín-Pontevedra, Ferrol-San Cibrao e Vilagarcía de Arousa.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

Os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e 26 de marzo de 1998 facultan o conselleiro de

Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación dos vocais do consello de administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no consello de administración, polo que, vistas as propostas realizadas polo ente público Portos do Estado dos seguintes representantes da Administración xeral do Estado nos consellos de administración das autoridades portuarias da Coruña, Marín-Pontevedra, Ferrol-San Cibrao e Vilagarcía de Arousa, e en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O nomeamento de José Mª Mejía Mansilla como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, en representación da Administración xeral do Estado.

O nomeamento de Álvaro Rodríguez Dapena como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra, en representación da Administración xeral do Estado.

O nomeamento de Juan Ignacio Grau Albert como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, en representación da Administración xeral do Estado.

O nomeamento de Ignacio Rodríguez Sánchez-Arévalo como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, en representación da Administración xeral do Estado.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2001.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda