Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 19 de marzo de 2001 Páx. 3.434

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 12 de marzo de 2001 pola que se dispoñen os cesamentos de vocais en representación da Administración xeral do Estado nos consellos de administración das autoridades portuarias da Coruña, Marín-Pontevedra, Ferrol-San Cibrao e Vilagarcía de Arousa.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

Os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e 26 de marzo de 1998 facultan o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivienda para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, disponse que a separación dos vocais do consello de administración será acordada polo órgano competente da Comunidade Autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades ós que aqueles representen, polo que, vistas as propostas de cesamentos realizadas polo ente público portos del Estado dos seguintes representantes da Administración xeral do Estado nos consellos de administración das autoridades portuarias da Coruña, Marín-Pontevedra, Ferrol-San Cibrao e Vilagarcía de Arousa, e en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O cesamento de Ignacio Arrondo Perals como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, en representación da Administración xeral do Estado, agradecéndolle os servicios prestados.

O cesamento de José Llorca Ortega como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra, en representación da Administración xeral do Estado, agradecéndolle os servicios prestados.

O cesamento de Jesús Poncela Pardo como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, en representación da Administración xeral do Estado, agradecéndolle os servicios prestados.

O cesamento de Julio González Suárez como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, en representación

da Administración xeral do Estado, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2001.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda