Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, da subministración de impresos, papel pautado e para fotocopiadoras, material de oficina e etiquetas para o Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio e Contratación, nº expediente 13841/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración por lotes de impresos, material de oficina, etiquetas e papel de fotocopiadora e pautado.

Unidades que se entregarán: véxase condicións técnicas.

Lotes: seis.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 1 mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: lote 1: 2.000.000 de pesetas (impresos papel continuo), lote 2: 1.750.000 pesetas (papel pautado), lote 3: 500.000 pesetas (etiquetas),

lote 4: 10.500.000 pesetas (impresos), lote 5: 2.520.186 pesetas (material de oficina), lote 6: 4.500.000 pesetas (papel fotocopiadora).

5. Garantía: provisional: dispensada.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Prz. do Rei s/n 36202, Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo. 15 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.3 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 6 de marzo de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde