Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

A Comisión Municipal de Goberno en sesión do 1 de marzo de 2001 acordou a contratación, mediante concurso con procedemento aberto con mellora sobre proposta de prestación aprobada por esta corporación, das obras que se sinalarán de conformidade co prego de cláusulas administrativas de xeral aplicación do Concello de Xove (BOP nº 118, do 24 de maio de 1996), coas modificacións introducidas pola Lei 53/1999, do 28 de decembro, para o contrato das características que se indican de seguido:

Cadro de características do contrato:

1. Proxecto: pavimentación e dotación de servicios na rúa da Igrexa de Xove.

2. Tipo de licitación: 31.600.000 ptas., 189.920 A (IVE incluído).

3. Partida: 460.

4. Prazo de execución: 9 meses.

5. Clasificación do contratista: G-6-c.

6. Lugar de presentación de proposicións e información: rexistro xeral do Concello de Xove (Camiño Real, s/n, 27870 Xove); facilitarase, así mesmo, copia do prego de condicións en persoa, por correo, correo electrónico (xove*fegamp.es) ou telecopia (982 59 21 54).

7. Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais, desde a última publicación no BOP de Lugo ou no DOG.

8. Fianza provisional: 632.000 pesetas, 3.798 A.

9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: obra financiada con fondos propios.

11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas (BOP nº 118, do 24 de maio de 1996).

Xove, 9 de marzo de 2001.

Jesús López González

Alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario