Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

De conformidade co artigo 326 da Lei 7/1995, da ALG, anúnciase a contratación por concurso urxente para a adquisición dun camión compactador para a recollida de lixo do Concello de Tui.

Prezo de licitación: 18.500.000 pesetas, incluído IVE. Desta cantidade o concello aboaralle ó adxudicatario ata un máximo de 17.000.000 de pesetas e o resto mediante entrega en especie do camión da recollida do lixo usado, matrícula PO-9950-AG, valorado en 1.500.000 pesetas, tendo en todO caso que cumpri-la súa proposta as prescricións técnicas incluídas no prego e, se é o caso, mellora-las características estéticas ou funcionais, sen que caiba a mellora no prezo.

As proposicións poderán presentarse nas oficinas deste concello no prazo de trece días naturais, en horario de 10 a 13 horas, a partir da publicación do correspondente edicto no BOP, e poderanse examinar nelas o prego e demais condicións do referido concurso.

Tui, 5 de marzo de 2001.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde