Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.425

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Presentado recurso de reposición contra a resolución deste concello mediante a cal se anuncia o concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia para a contratación da obra denominada ampliación do parque da Capela, en Montrove (Liáns) e ampliación do parque da Capela, en Montrove (Liáns)-fase II.

De conformidade co artigo 111 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a través do decreto da Alcaldía 755/2001, do 15 de febreiro, procedeuse a suspende-lo procedemento de licitación iniciado para a contratación da obra citada mentres non se resolva o recurso de reposición formulado.

O que se publica para xeral coñecemento e para os efectos oportunos en Oleiros o seis de marzo de dous mil un.

Esther Pita Pita

Alcaldesa