Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.425

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

EDICTO.

De conformidade co disposto no artigo 34 da Lei do solo de Galicia faise público que o Pleno do Concello do Porriño, na súa sesión do día 8 de marzo de 2001, adoptou o acordo seguinte:

1. Acorda-la suspensión cautelar por un ano de procedemento de outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición para as cinco zonas de solo urbano que figuran nos planos de delimitación escala 1:2000 achegados co escrito de Arteplán, S.A., e que segundo informe do técnico municipal se atopan situadas en:

-Delimitación zona-1:

Norte: r/ Coruña.

Sur: prolongación de travesía antigo edificio de correos.

Leste: terreos particulares de Aloques.

Oeste: prolongación r/ Pontevedra.

-Delimitación zona-2 (parque Gonzálo Ordóñez):

Norte: r/ Tarela.

Sur: r/ Antonio Palacios.

Leste: r/ Tarela.

Oeste: terreos particulares (Geo Porriño).

-Delimitación zona-3 (accesos a Risca ambas marxes):

Norte: estrada á Risa e colexio Hermanos Quiroga.

Sur: r/ Antonio Palacios.

Leste: camiño que separa de Comercial Fortes, Hotel Internacional, restaurante Manolo.

Oeste: terreos particulares (urbanización Louzán).

-Delimitación zona-4:

Norte: camiño de acceso á urbanización García.

Sur: r/ Antonio Palacios.

Leste: urbanizción García.

Oeste: camiño de acceso á urbanización Gulpilleira.

-Delimitación zona-5:

Norte: r/ Fernández Areal.

Sur: terreos particulares próximos ó río Fonteliño.

Leste: camiño de baixada ó río Fonteliño.

Oeste: terreos particulares (zona Aviseiro).

Esta suspensión efectúase para os efectos de salvagarda-la ordenación que se propón no Plan Xeral de Ordenación Urbana que se está redactando.

2. Este acordo publicarase no BOP, no DOG e nun dos diarios de maior difusión dela.

3. A suspensión referida extinguirase, en todo caso, no prazo dun ano.

Contra o acordo anteriormente expresado, que pon fin á vía administrativa poderán interpoñerse os recurso seguintes:

a) Potestativo de reposición, perante o órgano administrativo que dictou este acto, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste acordo.

b) Contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste acordo, se opta pola impugnación directa ante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa, ou desde o día seguinte a aquel en que se publique a resolución expresa do recurso de reposición potestativo ou en que este deba entenderse presuntamente desestimado.

c) Sen prexuízo de que poida exercer, se é o caso, calquera outro que estime procedente.

O Porriño, 9 de marzo de 2001.

José Manuel Barros González

Alcalde