Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GUITIRIZ

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do día 9 de febreiro de 2001, adoptou o acordo de presta-la súa aprobación ó prego de condicións económico-administrativas que han de rexer na contratación, mediante tramitación urxente e por concurso aberto, da obra que se indica no punto dous, expoñéndose ó público polo prazo dos oito días seguintes á última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia. Simultaneamente anúnciase concurso para a presentación de propostas, podendo aprazarse a licitación no caso de que se formulen reclamacións en relación co dito prego.

1. Entidade adxudicadora: comisión de goberno do concello.

2. Obxecto do contrato e prazo de execución: acondicionamento e mellora de accesos a Mariz, Negradas, Roca e outros. Prazo catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento de licitación e criterios de selección: catorce millóns cincocentas mil pesetas. Os consignados no prego de condicións.

5. Garantías: provisional 290.000 pesetas. Definitiva, catro por cento do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Guitiriz, Secretaría. Rúa Xeneral Franco, 4. Teléfono e fax: 982 37 01 09. Ata o día anterior a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: os especificados no prego.

8. Preentación de ofertas. Prazo de trece días, excluídos sábados, seguintes á publicación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia. Documentación. A esixida no prego. Lugar de presentación. Rexistro xeral do concello, de nove a catorce horas.

9. Prazo de vixencia das ofertas. Tres meses contados desde o día de apertura das proposicións.

10. Apertura de ofertas: primeiro día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións, non coincidente con sábado, ás trece horas quince.

11. Gastos de anuncios. Por conta do adxudicatario.

Guitiriz, 12 de febreiro de 2001.

María José Vázquez Lorenzo

Alcaldesa