Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.418

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2001 pola que se autoriza o cambio de localización do viveiro denominado Mª Carmen VI.

Visto o expediente instruído para efectos de outorgamento de autorización para o cambio de localización dun viveiro, apreciáronse os seguintes

A) Feitos.

Primeiro.-Mediante escrito do 5 de maio de 2000, Juan Manuel Caamaño Zubiela (DNI 33.228.393), en representación de si mesmo, solicitou permiso para o cambio de localización do viveiro denominado Mª Carmen VI, situado na cuadrícula 5 do polígono Muros A.

Segundo.-O interesado presentou a documentación requirida para a tramitación neste tipo de procedementos.

Terceiro.-No expediente figura a seguinte documentación:

-Informe técnico das características e localización do viveiro.

-Informe das organizacións representativas do sector.

B) Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101) e co Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Segundo.-O expediente tramitouse de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vistos os antecedente citados e de acordo cos fundamentos de dereito, esta consellería

RESOLVE:

Outorgarlle a Juan Manuel Caamaño Zubiela (DNI 33.228.393), autorización para o cambio de localización do viveiro que se indica:

Subtipo: batea.

Nome: Mª Carmen VI.

Especies: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización actual: cuadrícula 5. Polígono A. Distrito: Muros.

Nova localización: cuadrícula 8. Polígono A. Distrito: Muros.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O cambio de localización será realizado no prazo máximo de 3 (tres) meses contados desde o día seguinte ó da publicación no DOG da presente resolución. Rematado o citado prazo sen que o cambio se leve a cabo, a autorización quedará sen efecto.

Segunda.-O viveiro contará coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia para o traslado á nova localización.

Terceira.-A data de fondeo deberá ser comunicada con antelación suficiente, mediante escrito dirixido á delegación territorial desta consellería na Coruña, para os efectos de que este se realice baixo a supervisión e o control de persoal técnico do Servicio de Protección de Recursos.

Cuarta.-A concesión manterá os prazos, dereitos e obrigas da anterior localización.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada por Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o art. 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2001.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura