Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.419

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se fan públicas as adxudicacións dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por delegación de competencia segundo a Orde do 17 de decembro de 1997, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

Obxecto: organización e montaxe do stand institucional da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura no certame Europaen Seafood Exposition 2001 (Bruxelas, Bélxica, do 24 ó 26 de abril).

Adxudicatario: Viajes Atlántico, S.A.

Importe: 71.400.000 pesetas.

Obxecto: organización e montaxe do stand institucional da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura no certame IFE 2001 (Londres, R.U., do 25 ó 28 de marzo).

Adxudicatario: Perspectiva y Gestión Ferial, S.L.

Importe: 17.168.000 pesetas.

Obxecto: organización e montaxe do stands institucionais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura nos certames Alimentaria Lisboa 2001 (Lisboa, Portugal, do 1 ó 5 de abril) e Polfish 2001 (Gdansk, Polonia, do 5 ó 8 de xuño).

Adxudicatario: Viajes Atlántico, S.A.

Importe: 26.720.000 pesetas.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2001.

Juan José Ávarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura