Visto o expediente instruído para efectos de transmisión do viveiro (batea) L.V.V. e Viturro nº 2, e das concesións administrativas que os amparan, resulta:
A) Antecedentes de feito.
Primeiro.-Mediante escrito do 28-4-2000, Dolores Ordóñez Comojo no seu nome e no dos seus fillos, solicitou autorización para a transmisión das concesións dos viveiros (bateas) L.V.V. e Viturro nº 2.
Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características dso viveiros (bateas) e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.
B) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, do réxime xurídico das administracións públicas e do
procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, dicto a seguinte resolución:
Autoriza-la transmisión intervivos, por cuartas partes iguais e indivisas a favor de Manuel Mosquera Ordóñez (DNI: 33.075.382), 1/4 indiviso; Óscar José Mosquera Ordóñez (DNI: 33.209.862), 1/4 indiviso; Mª Dolores Mosquera Ordóñez (DNI: 76.509.610), 1/4 indiviso e Juan Mosquera Ordóñez (DNI: 33.279.279), 1/4 indiviso; das concesións administrativas dos viveiros (bateas) que se indican a continuación:
Identificación:
Tipo: viveiro (batea).
Nome: L.V.V.
Localización:
Cuadrícula nº: 127.
Polígono: E.
Distrito: Caramiñal (A Coruña).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 29-2-1964 (BOE/DOG nº 77, do 30 de marzo).
Remate da vixencia: 30-3-2004.
Identificación:
Tipo: viveiro (batea).
Nome: Viturro nº 2.
Localización:
Cuadrícula nº: 175.
Polígono: E.
Distrito: Caramiñal (A Coruña).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 25-6-1957 (BOE/DOG nº 197, do 2 de agosto).
Remate da vixencia: 2-8-2002.
Actual titular: Dolores Ordóñez Comojo (DNI: 33.075.382), 4/8 indivisos; Manuel Mosquera Ordóñez (DNI: 33.209.862), 1/8 indiviso; Mª Dolores Mosquera Ordóñez (DNI: 76.509.610), 1/8 indiviso; Óscar José Mosquera Ordóñez (DNI: 33.239.055), 1/8 indiviso e Juan Mosquera Ordóñez (DNI: 33.279.279), 1/8 indiviso.
Baixo as seguintes condicións:
Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contados desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen presenta-la documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
A Coruña, 6 de febreiro de 2001.
P.D. (14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)
María José Cancelo Baquero
Delegada territorial da Coruña