Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 4 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude como recurso da sección B, das balsas de lodos na concesión Chon, 4204.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que Satilen Rus, S.L. con domicilio en República Argentina, nº 1 entreplanta, Ponferrada (León), presentou nesta delegación provincial o día 24 de agosto de 2000,

a clasificación como recurso da sección B, as balsas de lodos da antiga mina de extracción de mineral de ferro, sitas na parroquia de Lanzós, concello de Vilalba (concesión Chon nº 4204).

Lonxitude: 7º 40' 40".

Latitude: 43º 21' 40".

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de trinta días, de conformidade co establecido no artigo 46.2º do Regulamento xeral para o réxime da minería.

Lugo, 4 de decembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo