Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle concede a E3C Cetift, S.L. a autorización da cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de gas para as categorías IG-I e IG-IV.

Vista a solicitude presentada por José Ramón Perina Edreira en representación de E3C Cetift, S.L. e a documentación anexa, na que se solicita que lle sexa concedida a autorización da cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador de gas grupos IG-I e IG-IV.

Vista a Orde do 17 de decembro de 1985, pola que se aproba a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gas combustible e a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras (BOE do 9-1-1986).

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos.

A Dirección Xeral de Industria

RESOLVE:

Conceder a E3C Cetift, S.L. a autorización da cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador de gas, IG-I a IG-IV de conformidade co establecido no capítulo III da Orde do 17 de decembro de 1985, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para imparti-los cursos, deberase comunicar á Dirección Xeral de Industria e á Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia correspondente o programa, profesorado, lugar, horario e exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que deberá acreditar ante a Dirección Xeral de Industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria