Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/11-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S. e C.T. r/ 25 de Xullo.

Situación: O Carballiño.

Descricións técnicas: liña a 20 kV subterránea de 56 m en conductor R.H.Z. 12/20 kV que deriva da L.M.T. subterránea ó C.T. Polanco e remata na L.M.T. subterránea ata o C.T. San Ramón logo de alimenta-lo C.T. tipo interior non prefabricado no baixo dun edificio na r/ 25 de Xullo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 8 de febreiro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense