Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: retranqueo L.M.T. O Cerquido.
Situación: Salceda de Caselas.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 299 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón, desde a L.M.T. Tui-estrada
(AT7102781) ata a L.M.T. Tui-estrada (ATI7102777) no Cerquido, concello de Salceda de Caselas.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 6 de febreiro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra