Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/95-2, 5184 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez, 45, 32002 Ourense.

Denominación: L.M.T. campo da feira-Benigno Quiroga I (Sarria).

Situación: Sarria.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea campo da feira-Benigno Quiroga I de 850 m a 20 kV baixo tubo en conductor R.H.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 6 de febreiro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo