Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.414

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/64-2, 5165 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. enlaces C.T.S. en Becerreá (Becerreá).

Situación: Becerreá.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea C.T. Anovello-C.T. grupo escolar (tramo 1-8) de 270 m a 20 kV baixo tubo en conductor R.H.V. L.M.T. subterránea C.T. grupo escolar-C.T. centro (tramo 6-13) de 454 m a 20 kV baixo tubo en conductor R.H.V. L.M.T. subterránea C.T. centro-C.T. estrada de Navia de Suarna (tramo 13-24) de 322 m a 20 kV baixo tubo en conductor R.H.V. L.M.T. subterránea C.T. estrada de Navia de Suarna-C.T. centro de reparto (tramo 22-26) de 298 m a 20 kV baixo tubo en conductor R.H.V. Acondicionamento dos C.T. Anovello, C.T. grupo escolar, C.T. estrada de Navia

de Suarna e C.T. centro de reparto para acolle-las L.M.T. subterráneas proxectadas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 6 de febreiro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo