Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 13 de febreiro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución do expediente O-2000/0267, referente ó procedemento sancionador incoado polo Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra á empresa Génesis de Publicidad, S.A.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á interesada, cos datos e último domicilio coñecido no Preguntoiro, 9-1º dta., Santiago de Compostela-A Coruña, a resolución do expediente sancionador número O-2000/0267, que lle foi incoado polo Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra á empresa Génesis de Publicidad, S.A. pola

comisión dunha infracción contra a Lei de estradas de Galicia (en diante LEG), da cal a parte dispositiva di:

«Un.-Declara-la empresa Génesis de Publicidad, S.A. responsable da comisión dunha infracción moi grave tipificada no artigo 43.4º g) LEG.

Dous.-Impoñerlle sanción de 200.000 ptas. (duascentas mil pesetas).

Tres.-Ordena-la restitución do medio físico ás condicións anteriores á comisión da infracción nun prazo de 15 días, desde a notificación da presente resolución (art. 47.3º LEG), con expresa advertencia da posibilidade de impoñer multas coercitivas (art. 47.4º LEG) e a posibilidade de proceder á súa execución subsidiaria a cargo do causante.

Contra esta resolución que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa; e con carácter previo e potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula».

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2001.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda