Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 6 de marzo de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan inicios de actuacións inspectoras de comprobación e investigación pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Silva Fernández, Josefina e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse: inicio de actuacións inspectoras de comprobación e investigación, pendentes de notificar, despois de intentada a notifi

cación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación dos artigos 35, 110 e 142 da Lei xeral tributaria e 36 do Regulamento xeral de inspección tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 6 de marzo de 2001.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Silva Fernández, Josefina

DNI: 35.911.688.

Rosalía de Castro, 57-1º C, Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Exercicio: 1997.

Tocino García, Felisa

DNI: 35.847.613

Gerona, 14-3º I, Vigo

Imposto de sucesións e doazóns.

Expediente: S-1044/1995

Tocino García, Jesusa

DNI: 35.846.230

Pi y Margall, 90-1º, Vigo

Imposto de sucesións e doazóns.

Expediente: S-1044/1995

Tocino García, Natividad

DNI: 35.883.389

Gran Vía, 57-3º C, Vigo

Imposto de sucesións e doazóns.

Expediente: S-1044/1995