Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se realiza a publicidade do Acordo do 27 de novembro de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto único de explotación da mina Conchitina.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1992, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación de impacto ambiental para Galicia, o delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo

RESOLVE:

Dar publicidade mediante a presente publicación ó Acordo do 27 de novembro de 2000, da Dirección

Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental da mina Conchitina para a extracción de cuarzo que se encontra nos terreos da concesión de explotación Conchitina, nº 4980, as súas demasías e do permiso de investigación Conchitina 2, nº 5701, sita en terreos do termo municipal do Vicedo, provincia de Lugo, promovido por Cuarzos Industriales, S.A.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie total alterada de 36,3 ha, dentro do espacio solicitado, incluída no perímetro delimitado polas seguintes coordenadas extremas (UTM): en x, 605.036 e 606.820, en y, 4.839.797 e 4.838.764 (do polígono norte); en x, 607.475 e 608.013, en y, 4.840.277 e 4.840.019 (do polígono sur); foi incorporada ós expedientes da concesión Conchitina, nº 4980, as súas demasías e da concesión derivada do permiso de investigación Conchitina 2, nº 5701 e encóntrase ó dispor de calquera interesado nesta delegación provincial.

Lugo, 10 de xaneiro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo