Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2001 Páx. 3.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

Resolución do Concello de Vilalba do 28 de novembro de 2000, pola que se adxudicaron por procedemento negociado os contratos das seguintes obras:

a) Saneamento nos núcleos de Santaballa e Goiriz.

b) Abastecemento de auga ós núcleos de Casanova e Os Freires.

c) Pavimentación da avda. de Guitiriz e accesos a Barral.

d) Iluminación pública en Carpaceira, O Reboredo e A Peteira.

e) Iluminación pública en Tardade, San Simón da Costa e Lanzós.

f) Iluminación pública en Mourence e Rioaveso.

g) Iluminación pública en Santaballa.

h) Iluminación pública en Corvelle.

As obras incluídas nas letras a, b e c, foron adxudicadas á empresa José Sanjurjo Construcciones, S.L.

As incluídas nas letras d, e, f e g, foron adxudicadas á empresa de electricidade Guitec, S.L.

E a obra incluída na letra h foille adxudicada a Cosme Santomé Unsua.

Todas elas incluídas no fondo de cooperación local do ano 2000, reguladas polo Decreto 215/2000, do 13 de setembro.

O que se fai público para efectos de dar cumprimento ó establecido no artigo 93.2º do texto refundido da LCAP, aprobado por R.D. 2/2000, do 16 de xuño.

Vilalba, 7 de febreiro de 2001.

O alcalde

Rubricado