Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2001 Páx. 3.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

Resolución do Concello de Vilalba do 6 de marzo de 2001, pola que se aproba o prego de cláusulas administrativas particulares que ha de rexe-la contratación por concurso, procedemento aberto e tramitación urxente, dos servicios de axuda a domicilio do Concello de Vilalba.

a) Forma de adxudicación: procedemento aberto, sistema de concurso e tramitación urxente.

b) Tipo de licitación: o tipo de licitación fíxase en 14.301.706 ptas. (85.954,98), incluído o IVE.

c) Duración do contrato: o prazo de duración do contrato outórgase por dous anos computados a partir da data na que se deposite a fianza definitiva, prorrogables por períodos anuais, cunha duración máxima de catro anos.

d) Proposicións. Lugar e prazo de proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións dentro do prazo de 8 días hábiles seguintes ó da última publicación do anuncio no DOG ou no BOP.

e) Garantía provisional: 2% do prezo de licitación.

f) Garantía definitiva: 4% do prezo do contrato.

g) Criterios de adxudicación: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

h) Documentación: a información e documentación estará ó dispor dos interesados na Secretaría do Concello. Teléfono: 982 51 07 16, fax: 981 51 18 15.

i) Apertura de proposicións: terá lugar ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións.

j) Modelo de proposición: o que figura no prego de cláusulas.

k) Reclamacións: poderán presentarse reclamacións contra o prego de condicións, no rexistro xeral do concello, durante o prazo de 8 días hábiles, contados a partir da última publicación deste anuncio no DOG ou no BOP da provincia de Lugo. Ó mesmo tempo e de conformidade co disposto no artigo 122.2º do Real decreto 781/1986, anúnciase simultaneamente o concurso, ben que, no suposto de se presentaren reclamacións contra o prego de condicións, o concurso quedará adiado ata que elas se resolvan.

O custo deste anuncio corre a cargo do adxudicatario.

Vilalba, 8 de marzo de 2001.

O alcalde

Rubricado