Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2001 Páx. 3.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2001 pola que se anuncia a licitación para a venda en poxa pública da cota en proindiviso pertencente ó Concello de Vigo de parcela resulante número 1 do proxecto de compensación da U.E. O Piñeiro. (Expediente 6161/411).

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Vigo. Xerencia Municipal de Urbanismo.

2. Obxecto do contrato.

Venda en poxa pública da cota indivisa, libre de cargas e gravames, do 27,10% da parcela resultante nº 1 do proxecto de compensación da U.A. O Piñeiro IV-05, no lugar de San Lorenzo. Ten a superficie de 541,50 m a nivel do solo, e une 900 m no subsolo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Como procedemento e forma de adxudicación establécese o aberto por poxa pública á alza. O alcalde e presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo acordará a adxudicación do contrato dentro do prazo máximo de vinte día contados desde o seguinte ó de apertura, en acto público, das ofertas recibidas, sen que a proposta de adxudicación que realice a mesa cree dereito ningún a favor do empresario proposto, fronte á Administración, mentres non se lle adxudique o contrato.

4. Orzamento da licitación.

O tipo mínimo de licitación será o valor urbanístico dos terreos. O valor urbanístico da devandita cota indivisa é corenta e nove millóns catrocentas setenta e oito mil catrocentas oitenta e oito pesetas (49.478.488 pesetas).

Se na licitación non se presentan ofertas, ou no caso de que as presentadas non alcancen o dito tipo mínimo, declararase deserta e non se producirá.

6. Garantías provisorias e definitivas.

Os licitadores deberán constituír unha fianza provisional de 989.570 pesetas equivalente ó 2% do valor do ben que será devolta inmediatamente despois da proposta de adxudicación.

A devandita garantía poderá constituírse en metálico, mediante aval bancario ou por contrato de seguro de caución segundo a vixente Lei de contratos das administracións públicas. Non se esixe garantía definitiva.

7. Obtención de documentación e información.

O prego das cláusulas administrativas particulares atópase á disposición dos interesados na oficina de información urbanística da Xerencia Municipal de Urbanismo sito na praza do Rei s/n.

8. Presentación de proposicións.

Os licitadores só poderán presentar unha proposición no Rexistro da Xerencia Municipal en horas de oficina (9 a 13.30 horas), ou por correo na forma regulamentariamente establecida, durante un prazo

de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ó da data de publicación do derradeiro anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

9. Constitución da mesa e apertura de plicas.

Terá lugar na 2ª planta do edificio sede da Xeración Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo ás 10 horas de mañá do primeiro mércores seguinte ó que remate o prazo sinalado na cláusula anterior para presentar ofertas, constituíndose para estes efectos a mesa de contratación nas dependencias da devandita xerencia. Se coincide en día inhábil ou se por causas de forza maior non puidese celebrarse, esta terá lugar o 1º día hábil seguinte.

10. Gastos.

O adxudicatario estará obrigado a pagar tódolos gastos de publicación de anuncio de licitación en diarios oficiais e medios de comunicación. Así mesmo, deberá satisfacer tódolos gastos derivados da formalización da correspondente escritura pública, inscrición rexistral da transmisión e trámites análogos, así como a asunción íntegra de tódolos impostos ou taxas que puideran xerarse.

Vigo, 5 de febreiro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo