Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2001 Páx. 3.337

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO (sec-2001000021).

Esta alcaldía, en uso das atribucións que lle confire a lei, aprobou inicialmente mediante Decreto do día 23-2-2001 o estudio de detalle do polígono 01 da AR-29 do PXOM de Verín por instancia de Construcciones Limia, S.L.

En cumprimento do que dispón a Lei do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG. Durante o dito prazo, o expediente atoparase de manifesto na secretaría xeral do concello para os efectos de posibles alegacións ou reclamacións.

Verín, 23 de febreiro de 2001.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde