Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2001 Páx. 3.336

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 29 de xaneiro de 2001, aprobou inicialmente o estudio de detalle da rúa da Choupana II, promovido polos servicios técnicos municipais.

O ámbito obxecto de estudio de detalle é a franxa de solo urbano que dá fronte á estrada de Pontevedra, inclúe as edificacións números 69, 71 e 73 da rúa de Santa Marta, e as dos números 1 ó 25 da rúa da Choupana, e linda coas rúas de Santa Marta e da Choupana, ó norte co solo urbano xa executado de Santa Marta e, no resto de lindes co solo urbanizable programado de Santa Marta.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun periódico de circulación na provincia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Este anuncio servirá de edicto de notificación, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a todos aqueles que, por seren descoñecidos ou ignorarse o seu paradoiro, non poidan ser notificados persoalmente, e que se relacionan no anexo.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo

Referencia

catastral

Propietario

6063357NH3466CJuan Isorna Carrera e sete máis

6064301NH3466CPromociones J. Otero, S.L.

6064302NH3466CHros. de Higinio Souto Puente: Elisa, Flora, Higinio-Manuel, María e Santiago Souto Casal

6064303NH3466CDolores Seoane

6064304NH3466CJosé Raúl Fernández Sueiro

6064305NH3466CSantiago Sur, S.A.

6064332NH3466CAmelia Casal Castaño

6064333NH3466CMaría Ramos Blanco

Referencia

catastral

Propietario

6064335NH3466CManuel de la Fuente Pena

6064336NH3466CRosa de la Fuente Calvo

6064337NH3466CCesáreo Pardal Rey

6064338NH3466CÁngela Ameneiro Calvo

6064339NH3466CMaría Luísa García Pasín

6064340NH3466CAurora García Rodríguez

6064341NH3466CJosé Raúl Fernández Sueiro

6064342NH3466CÁngela Ameneiro Calvo

6064343NH3466CSantiago Sur, S.A.

6064344NH3466CSantiago Souto Casal

6165840NH3466ECarmen Puente Barcia

6165841NH3466ERosa de la Fuente Calvo

6165842NH3466EPurificación Leis Raposo

6165843NH3466ESantiago Souto Casal

6165844NH3466EJesusa Río Amo

6165845NH3466ESantiago Sur, S.A.

6165846NH3466EDolores Rosalía Lado Parga

6165847NH3466EVictoria Vázquez Mallou

6165848NH3466EJosé Luís López Castelo, e outros

6165849NH3466EDescoñecido

6165853NH3466EJosé Rodríguez Pousa

6165861NH3466EPresidente da comunidade de propietarios do edificio número 9-10