Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2001 Páx. 3.337

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

O Pleno do Concello na sesión do día 25 de xaneiro de 2001 aprobou inicialmente a modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) e do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica (PE-1) para a creación da ordenanza especial OE-5 (Galeras-universidade), na que se contén a nova ordenación urbanística dos terreos, propiedade da Universidade de Santiago de Compostela (USC), situados entre as rúas de Galeras, Carretas e Entrerríos (antigo Hospital Xeral, Facultade de Odontoloxía e aparcadoiro).

A ordenanza especial 5 do Plan Xeral de Ordenación Urbana contén unha ordenación completa e pormenorizada do ámbito de ordenación e inclúe a zona regulada polo Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica (PE-1), a ordenación do cal resulta substituída nesta zona pola da citada ordenanza.

En cumprimento do que dispón o artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial da modificación determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo