Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2001 Páx. 3.336

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO de estudio de detalle para reaxuste de aliñacións nun soar sito na rúa Apelón, 24.

Aprobación inicial.

A Comisión de Goberno, na sesión ordinaria celebrada o día 1 de marzo de 2001 aprobou inicialmente o estudio de detalle para reaxuste de aliñacións nun soar sito na rúa Apelón, 24.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 44.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para efectos de que durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación do presente anuncio no DOG poidan formula-las reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Suspensión de licencias.

Así mesmo, a Comisión de Goberno, na sesión ordinaria celebrada o día 1 de marzo de 2001 acordou a suspensión de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición para o ámbito determinado no devandito estudio de detalle, o que se fai público en cumprimento do artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Mugardos, 6 de marzo de 2001.

O alcalde

Rubricado