Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2001 Páx. 3.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 5 de febreiro de 2001, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica a Promociones Gallegas El Dorado, S.L. o requirimento de execución de obras dictado no expediente de dilixencias previas 36-S-0027/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido da interesada (r/ Coruña, 50, entrechán, Vigo), sen que esta se puidese practicar, notifícaselle a Promociones Gallegas El Dorado, S.L., como empresa promotora do edificio de protección oficial, identificado como expediente 36-P-0062/94, sito na r/ Médico José Mato, 24, en Vigo, o requirimento de execución das obras, dictado con data do 12 de decembro de 2000, polo xefe da Área Provincial do IGVS para que no prazo dun mes, solucione as deficiencias constatadas no informe elaborado polos servicios técnicos deste organismo (ó que pode ter acceso na Sección de Inspección e Sancións desta área provincial, sita na rúa Alcalde Hevia, 7, en Pontevedra) existentes no edificio referenciado.

Unha vez executadas as citadas obras, deberá comunicalo a este organismo, xunto coa conformidade da dirección facultativa.

De non facelo así, poderá iniciarse o oportuno procedemento sancionador.

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 5 de febreiro de 2001.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Sociedade requirida: Promociones Gallegas El Dorado, S.L.

Último enderezo coñecido: r/ Coruña, 50, entrechán, Vigo.

Intentos de notificación persoal: 12 h do día 19-12-2000, ausente; 12 h do día 20-12-2000, ausente.