Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2001 Páx. 3.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 5 de febreiro de 2001, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica a Promociones Encampe, S.L. (Construcciones Padrón Ferro, S.A.) un requirimento de execución de obras.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido da interesada, sen que esta se puidese practicar, notifícaselle a Promociones Encampe, S.L. (Construcciones Padrón Ferro, S.A.), como empresa constructora do edificio de protección oficial de promoción pública (expediente PO-92/502) Sta. Gema, sito na Avda. Concordia, nº 103, en Tui, o requirimento de execución das obras, dictado con data do 12 de decembro de 2000, polo xefe da Área Provincial do IGVS para que no prazo dun mes, solucione as deficiencias constatadas, segundo informe elaborado polos servicios técnicos deste organismo (ó que pode ter acceso na Sección de Inspección e Sancións desta área provincial: r/ Alcalde Hevia, 7, en Pontevedra) existentes no edificio referenciado.

Unha vez executadas as citadas obras, deberá comunicalo a este organismo, coa conformidade da dirección facultativa.

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 5 de febreiro de 2001.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Sociedade requirida: Promociones Encampe, S.L. (Construcciones Padrón Ferro, S.A.).

Último enderezo coñecido: r/ Marquesa, 5, 3º E, Pontevedra.

Intentos de notificación persoal: 11.20 h do día 19-12-2000 e 11 h do día 21-12-2000.