Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2001 Páx. 3.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 5 de febreiro de 2001, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica a María Carmen Castro Sanmartín, un requirimento de documentación, en relación co expediente sancionador ES-P-0014/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido da interesada, sen que esta se puidese practicar, notifícaselle a Mª Carmen Castro Sanmartín, o requirimento de documentación efectuado con data do 22-12-2000 polo xefe da Área Provincial do IGVS, en relación co expediente sancionador ES-P-0014/2000, e que literalmente transcrito di:

«Visto o seu escrito que tivo entrada nesta Área Provincial do IGVS, con data do 20-12-2000, e tendo en conta que os motivos laborais poden constituír unha xusta causa para a desocupación temporal da vivenda de promoción pública que lle foi adxudicada, requírese para que nun prazo de dez días achegue a este organismo:

1. Documentación acreditativa do exercicio de actividades laborais en Andorra, especialmente no período comprendido entre xullo de 1999 e a actualidade dado que nel se constatou a non ocupación da súa vivenda.

2. Determinación do réxime (compravenda, aluguer, cesión...) da vivenda que ocupan no Principado de Andorra. Amelia Gamero Vidal. Xefa accidental da Área Provincial de Pontevedra».

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 5 de febreiro de 2001.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Interesada: Mª Carmen Castro Sanmartín.

Último enderezo coñecido: Rúa D, 8, ptal. 1, 1º B, Silleda.

Intentos de notificación persoal: 12 h do día 2-1-2001 e 11 h do día 3-1-2001.