Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2001 Páx. 3.259

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de febreiro de 2001 pola que se lle concede autorización definitiva ó centro privado San Miguel 2 de Vigo (Pontevedra), para impartir bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, e humanidades e ciencias sociais.

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado San Miguel 2 de Vigo (Pontevedra), solicitando autorización definitiva para impartir bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, e humanidades e ciencias sociais.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que o desenvolve.

Tendo en conta a disposición transitoria terceira, letra c), do Real decreto 1004/1991, e os informes da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado San Miguel 2 de Vigo (Pontevedra), para impartir bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, e humanidades e ciencias sociais, segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Para as ensinanzas que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a esta orde.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo do dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Tomás A. Alonso nº 23.

Código do centro: 36011211.

Denominación específica: San Miguel 2.

Titular: Colegio San Miguel, S.L.

Ensinanzas que se autorizan: bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, e humanidades e ciencias sociais.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria:-4 unidades de educación secundaria obrigatoria.-4 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, e humanidades e ciencias sociais.

d) Centro de formación profesional específica:-1 ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas (2 unidades, 30 postos escolares/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de productos electrónicos (2 unidades, 30 postos escolares/unidade).